A diabetes é unha enfermidade caracterizada pola incapacidade do organismo de producir insulina ou de utilizar esta hormona adecuadamente, o que provoca que o sangue porte un exceso de glicosa que, a longo prazo, acaba danando múltiples órganos de todo o corpo. En consecuencia, os afectados –máis de 422 millóns de persoas en todo o mundo– ven abocados a tomar tratamentos para controlar os seus niveis de glicosa. É o caso dos millóns de pacientes que deben administrarse inxeccións de insulina, polo xeral a diario. Tamén daqueles que recorren ás ‘bombas de insulina’, que aínda que non son tan ‘dolorosas’ non están exentas de complicacións e molestias. Con todo, poida que haxa unha alternativa moito máis inocua.
E é que investigadores da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (EE. UU.) desenvolveron células sintéticas que, de maneira similar a como fan as células beta dos illotes pancreáticos de forma natural, liberan insulina no sangue cando detectan un aumento dos niveis de glicosa.
Concretamente, o estudo, e levado a cabo con modelos animais –ratos– de diabetes, demostra que unha única inxección destas células beta artificiais é suficiente para lograr uns niveis normais de glicosa en sangue e mantelos durante cinco días. Un beneficio que, con obxecto de evitar toda inxección dolorosa e segundo esperan os autores, tamén se conseguirá coa colocación de parches cutáneos cargados con estas células sintéticas.
O desenvolvemento de pastillas de insulina supón un auténtico reto para os investigadores. E é que esta hormona é unha molécula cun tamaño demasiado grande, polo que cando se administra por vía oral adoita ser destruída polos ácidos e encimas dixestivos antes de que alcance o torrente sanguíneo. O problema pricipal, non é a suministración oral de insulina, senón que non son capaces de inducir un control inmediato e eficiente dos niveis de glicosa. Algo que si conseguen as células beta naturais. Tal é así que o transplante destas células podería ser a solución definitiva para a diabetes.
Para tratar de liquidar todos estes problemas, os autores deseñaron unhas células sintéticas que imiten a función das células produtoras e liberadoras de insulina: as células beta dos illotes pancreáticos. Para iso, crearon unhas células cunha dobre membrana lipídica –una das características celulares máis universais– e enchéronas cunhas vesículas especiais cargadas de insulina.
En definitiva, as novas células funcionan. E para o seu posible uso futuro en humanos, os autores están a deseñar un parche que, aplicado sobre a pel, sexa capaz de liberar a insulina cargada nas células tras detectar calquera elevación da glicosa sanguínea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario