Mostrando entradas con la etiqueta incendios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta incendios. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de diciembre de 2017

O temporal provoca danos por toda Galicia e agrava os efectos dos incendios de outubro - Iker


A auga regresou a Galicia en plena alerta pola seca, pero fíxoo como parte dun fenómeno destrutivo pola súa intensidade. A borrasca Ana, así denominada por acordo das axencias meteorolóxicas oficiais de España, Portugal e Francia -Meteogalicia non ten ese rango, a pesar de ofrecer habitualmente prognósticos máis precisos sobre o territorio galego- trouxo consigo ventos moi fortes, con refachos superiores aos 130 quilómetros por hora nalgúns puntos e intensísimas precipitacións. A combinación de ambos os fenómenos provocou máis de medio milleiro de incidencias durante o domingo, xornada na que chegaron a quedar sen luz uns 20.000 fogares, segundo Gas Natural Fenosa.
Ao redor de 4.000 vivendas e locais abonados a esta compañía eléctrica, maioritaria en Galicia, continuaban a primeiras horas deste luns sen subministración tras unha xornada na que vento e choiva deixaron imaxes que aínda eran inéditas no tempo transcorrido deste outono. O sur e o leste de Galicia foron as áreas máis afectadas por unhas precipitacións que, segundo as estacións de Meteogalicia, chegaron a deixar ata 144 litros por metro cadrado en Ponte Caldelas. Tamén foron reseñables os 130 litros por metro cadrado recolleitos en Entrimo, 128 en Guitiriz, 127 en Lousame ou 120 en Fornelos de Montes. O contraste entre estas fortes choivas e a seca dos últimos meses é evidente: "a borrasca Ana está a deixar nalgúns puntos de Galicia máis choiva da que caeu en todo o mes de novembro", explicaba Meteogalicia este domingo.



Aínda que o temporal impactou por todo o territorio os seus efectos máis visibles producíronse en áreas urbanas. Entre as sete principais cidades galegas os refachos de vento máis intensas rexistráronse en Vigo, onde o aeroporto de Peinador sufriu incidencias durante toda a xornada -seis voos foron desviados-. O refacho máximo de Vigo, de 94 quilómetros por hora, estivo só un pouco por encima da rexistrada na Coruña, onde ventos de ata 91 quilómetros por hora provocaron problemas como a caída de iluminación e outros elementos decorativos do Nadal e múltiples problemas de tráfico. En Santiago, os ventos de máis de 80 quilómetros por hora levaron consigo as cubertas da piscina de Sar e en Lugo regresaron as inundacións a zonas como a rolda dás Fontiñas.


Segundo os datos da Axencia Galega de Emerxencias, os concellos con máis incidentes foron A Estrada, Vigo, Mos, Pontevedra e Lalín, na provincia pontevedresa, e Santa Comba, Boqueixón, Carballo e Outes, na coruñesa. Entre os municipios lucenses os máis afectados foron Chantada e Antas de Ulla, mentres que A Rúa e Verín foron os que acumularon máis problemas en Ourense.

lunes, 20 de noviembre de 2017

POBRE GALICIA

É unha ocorrencia de lume non controlada que pode afectar ou abrasar algo que non está destinado a queimarse. Pode afectar a estruturas e a seres vivos. A exposición dos seres vivos a un incendio pode producir danos moi graves ata a morte, xeralmente por inhalación de fume ou por desmaio producido pola intoxicación e posteriormente queimaduras graves.

                                         Resultado de imagen de incendios                 

Eran xa 25 os incendios activos en Galicia. Tres deles en nivel dous de alerta: San Cristovo de Cea en Ourense, Cervantes en Lugo e Pazos de Borbén en Pontevedra. Medios aéreos e terrestres loitan contra as lapas para evitar que cheguen ás casas. Medio Rural denuncia que os lumes son intencionados.
Veciños, axentes, bombeiros e brigadistas loitan contra a voracidade dun lume que nos concellos de Redondela e Pazos de Borbén segue ameazando núcleos enteiros de vivendas como os de Cepeda, Amoedo ou Nespereira. 
Porque moitos destes veciños levan toda a noite intentando frear un lume que nalgúns casos obrigou a moitos deles a pasar a noite fóra das súas casas.Porque este incendio xa leva calcinado un total de 1.500 hectáreas de monte nas zonas de Redondela, Pazos de Borbén, Mondariz e Ponteareas. Con todo, as condicións meteorolóxicas non axudan, as temperaturas son altas e vai tamén moito vento.

Álex Domínguez Fornos 4ºA ESO

viernes, 3 de noviembre de 2017

Oleada de incendios en Galicia

É difícil lembrar unha choiva tan desexada e aplaudida como a rexistrada nas últimas horas en Galicia. Ás escasas precipitacións rexistradas no sur e na costa de Pontevedra nas primeiras horas do luns sumáronse, xa na madrugada deste martes, outras máis intensas que axudaron a alixeirar a onda de incendios que arrasa a comunidade e permitiron reducir a 21 os incendios activos.
A última actualización da Consellería do Medio Rural da Xunta contabiliza ao mediodía deste martes 21 incendios activos oito estabilizados e 21 controlados.
A extrema gravidade dos dous días anteriores rebaixouse e a mellor mostra diso é que na mañá deste martes quedaron desactivadas as alertas por situación 2 por proximidade a núcleos de poboación en todos os lumes.
A choiva, a desaparición dos fortes ventos e a baixada das temperaturas rexistradas durante a xornada deste luns axudaron aos servizos de extinción a poñer freo á grave onda de incendios, pero a alarma segue activada na comunidade e continúa despregado un amplo operativo de extinción con medios autonómicos e reforzos do Ministerio de Medio Ambiente e a Unidade Militar de Emerxencias (UME).




Daniel Moura González












lunes, 16 de octubre de 2017

OLA DE INCENDIOS EN GALICIA 

                     LUNS 16 de OUTUBRO


Estamos nunha situación crítica hoxe Luns 16 de Outubro do 2017 en Galicia a causa nunha ola de incendios, cun total de 105 fogos activos. 

Aínda se pensa que todos son intencionados xa que corren de moita coincidencia.

En 16 puntos diferentes amaneceron cunha situación 2, é dicir, con risco real para núcleos poboados; tras engadir os fogos de Friol, Monforte e Pantón (Lugo) e desactivar a alerta en Negreira (A Coruña).

Onte domingo, tres personas morreron a causa da ola de incendios. 

Os bombeiros acharon dous cadáveres no interior dun vehículo calcinado na carretera que une dúas parroquias de Chandebrito e Camos, en Nigrán (Vigo). 

A terceira vítima é un home de idade avanzada cuxo corpo foi localizado nun galpón situado detrás da súa casa, no municipio de Carbelleda de Avia (Ourense).

Operarios da UME seguen loitando contra os fogos que aínda están encendidos.

.


ISABELLA CABANZÓN