lunes, 11 de junio de 2018

~Homo Neandertal~Sofía Morillo Dobarrio

neandertal, (Homo neanderthalensis) foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos, que habitou Europa e partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.


Anatómicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. 
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume. O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriense".

Os rexistros fósiles de H. Nenderthalensis máis antigos son de hai cando menos 430 mil anos.
El arqueólogo Joao Zilhao publicou decenas de investigacións que confirman, unha e outra vez, que os neandertales tiñan aptitudes cognitivas equivalentes ás dos Homo sapiens. Demostran que facían pinturas rupestres e poñíanse colares, “deberían pechar o debate de se os neandertales tiñan pensamento simbólico”, sentenza. Pero, se eran tan intelixentes como os Homo sapiens, por que se extinguiron? “É que non se extinguiron, son os nosos devanceiros!”, rebate. Entre o 1% e o 4% do xenoma dos europeos actuais é de orixe neandertales, mentres que o 96% a 99% restante procede de Homo sapiens vindos de África. “Menos dun 4% non parece moito, pero é o esperable cando se mesturan unha poboación grande e unha pequena. Debía haber uns 20.000 neandertales en toda Europa e chegaron un millón ou dous de africanos. Por iso o ADN nenandertal está tan diluído entre os europeos actuais”.
E unha porcentaxe do 10%-20% daqueles neandertales nas poboacións actuais non pode considerarse simplemente unha contribución marxinal nin accidental, senón a consecuencia natural do encontro de grupos reducidos de neandertales cos amplos grupos humanos procedentes de África; a contribución xenética dos neandertales diluíuse nas poboacións, pero non desapareceu.
De feito, atoparon que o ADN neandertal está ausente no África subsahariana, confirmando o relato clásico de que houbo diversos movementos migratorios desde o continente africano; pero agora ademais sabemos que, unha vez mesturadas cos neandertales, estas poboacións non regresaron a África, senón que se estenderon polo resto do planeta. A medida que dispoñamos de máis información xenética, poderemos desvelar con maior precisión moitos detalles sobre a nosa orixe


No hay comentarios:

Publicar un comentario