Homo antecessor.
- Que é?
Homo antecessor é unha especie extinta pertencente ao xénero Homo, considerada a especie homínida máis antiga de Europa e probable devanceiro da liña Homo heidelbergensis- H. neanderthalensis.
- Cando viviu?
Viviu fai uns 900 000 anos (Calabriense, Pleistoceno temperán).
- Como eran?
Eran individuos altos, fortes, con rostro de trazos arcaicos e cerebro máis pequeno que o do ser humano actual, e con menos circunvoluciones cerebrais.
- Caracteres anatómicos.
Un conxunto de trazos moi primitivos no aparello dental, que levaron a establecer unha relación entre estes e os homínidos africanos do Pleistoceno Inferior. Unha mandíbula moi ben conservada dunha muller H. antecessor, de entre 15 e 16 anos, recuperada do xacemento da Gran Dolina ten similitudes moi claras coas do Home de Pequín ( Homo erectus), o que suxire unha orixe asiática de H. antecessor. Con todo, o patrón de desenvolvemento e erupción dos dentes é practicamente idéntico ao das poboacións modernas.
A morfoloxía facial é similar á de Homo sapiens, con orientación coronal e lixeira inclinación cara atrás da placa infraorbital que determina a presenza dunha fosa canina moi conspicua. O bordo inferior desta placa é horizontal e lixeiramente arqueado. O arco superciliar é en dobre arco e a capacidade encefálica, estimada a partir dun fragmento incompleto de óso frontal, indica unha cifra superior aos 1000 cm³. Mentres que H. erectus ten un patrón de crecemento facial que é similar ao observado nos primeiros Homo e os Australopithecus, tanto en H. antecessor como H. sapiens predomina a resorción ósea durante o crecemento facial. As similitudes entre a anatomía subnasal de H. antecessor e H. sapiens suxiren que a "modernización" da cara estaba xa claramente en marcha en H. antecessor.
- Xacementos onde se encontraron.
- Crepano (Italia) en 1994.
- Norfolk (Inglaterra) en 2010.
- Gan Dolina (Atapuerca-España) en 1994 y 1995.
- Sima del Elefante (Atapuerca-España) en 2007-2008.
Alicia Pérez Rivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario