Mostrando entradas con la etiqueta BIOTECNOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIOTECNOLOXÍA. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de febrero de 2018

BIOTECNOLOXÍA NA SAÚDE HUMANA, Olga

QUÉ É?

É a técnica empregada nos medios famacéuticos, científicos, medioambientales... Con procesos onde se empregan organismos vivos para chegar a fabricar e sintetizar novas substancias para o consumo, creando unha gran variedade de productos.

APLICACIÓNS NA SAÚDE HUMANA
Unha das especializacións máis esparanzadoras da Biotecnoloxía é a terapia xénica, que permite tratar a persoas con enfermidades xénicas. É dicir, trata a persoas que posúen enfermidades debido a un xen defectuoso. Esta terapia consiste en introducir o xen correcto no individuo e que as súas células comencen a producir a sustancia desexada. Úsase para o tratamento de pacentes con fibrosis quística (coñecida dende 1989).
Un dos procesos actuais máis coñecidos desta terapia é a localización das células dun tumor e que mediante uns procesos se poidan transformar en células extrañas, para así poder eliminalas.
Estanse provando para combatir enfermidades como o cancro, hemofilia ou ata o VIH.
Estes avances, por exemplo, permiten localizar e eliminar células canceríxenas lo cancro de mama para que non sexa necesario unha intervención quirúrxica.



viernes, 2 de febrero de 2018

Interfaces de cerebro computarizadas

As BCI ( Brain Computer Interfaces), máis coñecidas como interface cerebro- computador tiveron enormes avances no correr dos últimos anos e son sinxelamente incribles. Trátase dun tipo de tecnoloxía capaz de recibir ondas cerebrais, procesalas, interpretalas e logo interactuar co exterior, todo mediante complexos sistemas computarizados.
Esta técnica baséase principalmente na análise dos sinais electroencefalográficas ( EEG) captadas durante algún tipo de actividade mental coa finalidade de controlar un comportameto externo (como un movemento). A actividade EEG inclúe unha variedade de diferentes ritmos identificados pola súa frecuencia, localización e outros aspectos relacionados coa función cerebral que fan que o sinal EEG sexa extremadamente complexa.
Se se conseguise aprender rapidamente a controlar estas características, o sinal EEG podería presentar unha nova función cerebral; podería converterse nun novo sinal de saída que permitise transmitir os desexos dunha persoa a un compoñente externo.

Na actualidade, a maioría dos grupos de investigación centran os seus esforzos no procesado do sinal e na clasificación de patróns EEG. Con todo, todos coinciden na importancia de investigar sobre o desenvolvemento de técnicas de adestramento baseadas en técnicas que permitan a un suxeito xerar de forma fiable un mesmo patrón.

Actualmente, o grupo de investigación DIANA da Universidade de Málaga traballa na procura de técnicas que permitan obter un adecuado e eficaz protocolo de adestramento que diminúa o tempo necesario para que un suxeito obteña certo control sobre os seus sinais EEG.
Algúns modernos BCI veñen desenvolvendo coa finalidade de restaurar a mobilidade de pacientes que sufriron lesións graves, por exemplo lesións na medula espinal, apoplejía, ou como resultado de enfermidades cerebrais. Máis detalles no vídeo:


Lucía González Dapía