Homo heidelbergensis é unha especie extinta do xénero Homo, que xurdiu fai máis de 600 000 anos e perdurou polo menos ata fai 200 000 anos ( Ioniense, mediados do Pleistoceno).
Eran individuos altos que en media tiñan unha estatura de 1,75 m cun peso de 62 kg entre homes, e 1,57 m con 51 kg entre femias. Tiñan grandes cranios que median 1200 cm³ en media, moi aplanados con relación aos do home actual, con mandíbulas saíntes e gran abertura nasal. Trátase da primeira especie humana na que é posible detectar indicios dunha mentalidade simbólica.
O seu nome científico deriva da proximidade da cidade de Heidelberg (Alemaña) ao lugar onde foron achados os primeiros fósiles, o que subliña o feito de que se trata dos primeiros Homo que alcanzaron as estepas do centro e norte de Eurasia.
A súa anatomía foi descrita en gran parte polos restos atopados no xacemento da Sima dos Ósos en Atapuerca.
Hoxe día, emporiso, sábese que a poboación da Sima dos Ósos non pertencía á especie H. heidelbergensis, senón que se trataba dunha especie pertencente á liñaxe dos neandertales, chamados preneandertales. Aínda que non pertencen á especie h. Heidelbergensis, a súa especie aínda non foi bautizada cun nome propio, coñecéndose simplemente como «grupo da Sima dos Ósos».
No hay comentarios:
Publicar un comentario