Mostrando entradas con la etiqueta Manipulación Xénica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manipulación Xénica. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de diciembre de 2017

Animais transxénicos


  • A ovella 15% humana

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O profesor Esmail Zanjani da Universidade de Nevada é o responsable deste animal. 7 anos e 5 millóns de libras esterlinas (7.000.000 de €) foron necesarios para crear este híbrido. Esta ovella permitirá, nun futuro non moi afastado, utilizar os seus órganos para ser transplantados a humanos en caso de necesidade. O fígado, o corazón, os pulmóns, e o cerebro son as partes que máis cantidade de material xenético comparten co ser humano. Os debates sobre a ética e moralidade destes estudos xa están na fala da xente os científicos a favor e na súa contra.
  • A vaca que dá insulina

patagonia 1
Patagonia I chámase este animal e foi creado en Arxentina en 2007 pola empresa Biosidus. Modificouse a súa estrutura xenética para que producise leite cunha especie de insulina moi similar á que producimos os humanos e necesitan os diabéticos. As vacas producen deste xeito unha molécula que se chama precursora da insulina e que, con tan só engadirlle unha proteína no laboratorio, convértese en insulina normal. A vantaxe fronte a outros estudos é que antes, as vacas que producían insulina no leite morrían envelenadas debido ao exceso desta, pero agora, ao non fabricar realmente a insulina non corren perigo ningún. A insulina utilizada antes proviña do páncreas do porco e era de moita peor calidade. Ademais de ser moito máis cara e difícil de obter
  • Os Glofish ou peixes brillantes

glofish
Os Glofish son a proba de que ás veces, as modificacións xenéticas non levan a cabo en beneficio da humanidade senón con beneficios puramente económicos. A modificación destes peixes, nun principio, era para detectar a contaminación ambiental, pero debido a que non serviron ao seu labor buscóuselles outra saída menos ética. Estes peixes cebra están modificados cunha proteína procedente das medusas que fai que brillen ante a luz branca ou ultravioleta.
En Canadá y Europa no está permitida la venta de estos peces.
  • A ra translucida

tumblr_kq921kH9pD1qzcdp3o1_1280
En Hiroshima (Xapón) crearon en 2007 unhas ras translucidas cruzando xenes de 2 especies de ras xaponesas. A súa utilidade é a de poder estudar o efecto de químicos nos seus órganos, o desenvolvemento do cancer etc. nestes animais. As ras transparentes ofrecen un método máis rápido e máis barato á hora de realizar diversos estudos xa que ao non ter que diseccionarlo afórrase moito tempo e vidas.




  • ANDi o primeiro primate modificado xenéticamente

1391353463_071898_1391353566_noticia_normalANDi é o primeiro primate modificado xenéticamente. Nacido en 2001 leva nos seus xenes unha proteína fluorescente extradita dun tipo de medusa. Esta modificación xenética permite que certas celular sexan fluorescentes ao ser expostas a determinada luz do microscopio. En realidade o único que se buscaba era probar que se pode alterar a secuencia xenética dun ser tan complexo como un primate para introducir daquela outras modificacións que se poidan ser útiles para a cura de determinadas enfermidades como o Alzheimer ou o Cancro. Ao ser un animal tan próximo xenéticamente aos humanos as voces en contra deste tipo de investigación alzáronse por todo o mundo.



  • O salmón que máis carne

salmon transgenico
A empresa norteamericana AquaBounty Technologies estivo investigando estes últimos anos para crear o salmón que eles chamaron AquAdvantage. Este peixe leva incorporado o xene do crecemento do salmón Chinook e provoca que alcance un 200% máis de tamaño que un salmón normal e moito máis rápido. Aínda non está permitida a súa comercialización nin o seu consumo en humanos pero xa están a exportar ovos non fértiles a Canada, o que é un paso máis preto.

  • Os porcos que poden doar órganos a humanos

Cerdo_2
Talvez sexa demasiado pronto para afirmar con rotundidade que isto sexa posible, pero un estudo surcoreano ha avanzado enormemente neste campo. Despois de varios intentos conseguiron crear un porco que produce un antígeno que faría moito máis fácil a aceptación do órgano transplantado por parte do humano receptor. O porco foi chamado Somang-i


  • As vacas Belgian blue

conoce-el-increible-caso-de-las-super-vacas-trangenicas-o-azules-belgas1
Estas raza de musculosas vacas deixámola para o final xa que, realmente, non son un animal transxénico, porque non se modificaron xeneticamente nun laboratorio. A súa existencia é produto da crianza selectiva por parte dos humanos xuntando aos especímenes máis grandes desta raza tentando conservar unha anomalía xenética que provoca a hipertrofia muscular nestes animais. Estas vacas son aptas para o consumo humano e, de boto, din que a súa carne é moi saborosa. Debido á súa condición xenética estes animais desenvolven entre un 15 e un 20% máis de masa muscular, o que se traduce en máis carne polo mesmo prezo.


           

Daniel Moura González

martes, 12 de diciembre de 2017

~Manipulación Xénica: Art Caplan~ Sofía

Art Caplan, un dos máis recoñecidos expertos en ética médica en Estados Unidos, falou con algúns entrevistadores sobre os máis importantes avances en xenética e os debates apremiantes que a sociedade debe ter sobre eles.



Clonación de cabalos para polo, edición xenética do ADN para corrixir enfermidades, modificación genetica da agricultura e outros avances científicos polo estilo suceden a diario sen xerar grandes titulares. Durante un recente simposio sobre Medicina Personalizada realizado pola facultade de medicina da Universidade de Harvard, en Boston, entrevistadores falaron co sobre o aburrido que sería a clonación e o disruptivo que chegaría a ser prolongar a vida da xente por encima de 100 anos, así como as vantaxes a futuro da técnica Crispr.

Aclarou que a terapia xenética é unha. Isto é, cambiar os xenes no corpo para curar enfermidades. A enxeñería xenética en animais é outra. Avanzou moito e diso non se fala. Consiste en lograr animais máis fortes, como sucedeu cos cabalos de polo. Tamén está a xenética na agricultura, para facer produtos máis ‘verdes’ e máis nutritivos e iso é aínda un problema. Estamos a facer enxeñería xenética ás sementes e alimentos ou iso está controlado por grandes compañías, e debemos ter discusións sobre iso tamén. E en cuanto a persoas, a clonación humana, non é algo que realmente interese, es se ocorre, ao igual que os "súper bebés", ocorrerá cos nosos bisnetos. Tamén mencionou o tema do envellecemento, pero que sría aburrido, xa que sería extender xeracións.

Tamén aclara dous problemas co CRISPR, o primeiro é que non é tan precisa como un esperaría e podería facerlle dano á xente. O outro é que a xente que a fai vén de compañías que están moi entusiasmadas en promocionar a súa tecnoloxía e danlle máis bombo publicitario do que merecen. E a o igual que hai problemas, tamén lle espera un moi bo futuro e que veremos distintas enfermedades curarse como a hemofilia, ao igual que mellorar o sistema inmune.

Manipulación xénica reformada

A enxeñería xenética é a tecnoloxía ou capacidade de engadir ou transferir o ADN dun organismo a outro ou modificar un xa existente dentro do mesmo organismo. Isto posibilítanos a corrección de defectos xenéticos e/ou a creación de novos microorganismos, desta forma, conséguese ter novas características por exemplo os cambios nas variedades de animais, para unha obtención de produtos maior, ou facer cambios en determinadas froitas , (como que as laranxas e mandarinas sexan sen sementes ).

A un paso de la cura de la diabetes y la distrofia muscular mediante la manipulación genética


A ciencia avanza e en humanos chegaranse a probar algún día, algún día todas estas historias, avances, e invencións faranse realidade, pero mentres seguenos quedando seguir esperando e probando, probando nos ratos, porque estes días contouse a noticia de que a ciencia avanzou máis, e agora co CRISPR- Cas9 pódense modificar ratos sen sufrir efectos secundarios nin mutacións pois en lugar de cortar a información defectuosa, silénciase. Segun os científicos, esta tecnoloxía podería usarse para activar calquera xene sen o risco de introducir mutacións, como nos ratos, que se probou a reverterlles algunha enfermidade . Tamén nun rato cunha insuficiencia renal aguda descubriuse que era posible activar xenes previamente durmidos capaces de restaurar a función normal do órgano danado. Tamén foron capaces de inducir nas células do fígado dos ratos a que se convertan en análogas das células beta pancreáticas que xeran insulina e que non funcionan nos ratos con diabetes . Mesmo se anunciou que foi posible recuperar o crecemento muscular en modelos de ratos con distrofia muscular. A investigación demostra que, en lugar de tratar de corrixir un xene mutado, tamén pode ser útil aumentar a actividade doutro xene que compense o dano do primeiro. Xa non sería como cortar unha frase mal escrita senón como escribir sobre ela unha frase coa información correcta, moito máis seguro e igual de eficaz, sen mutacións, nin efectos secundarios aínda peores.






Aida Méndez Sánchez .

martes, 5 de diciembre de 2017

TOMATES MORADOS



MANIPULACIÓN XENÉTICA DOS TOMATES



Tomates morados más saludables



1. INTRODUCCIÓN

Tras lograr secuenciar o xenoma do tomate, científicos do Centro John Innes en Norfolk, desenvolveron un tomate xeneticamente modificado con mellor sabor, unha maior cantidade de antioxidantes e que pode permanecer almacenado o dobre de tempo que un tomate normal, adquirindo unha rechamante cor morada. O obxectivo do principal do proxecto era producir froitas con altos niveis de antioxidantes que poden beneficiar a saúde, xa que se demostrara que axudaban a estender a vida daqueles seres propensos ao cancro nun 30%, pero o froito modificado ademais trouxo consigo outras calidades facéndoo máis resistente e con mellor sabor.
2. PROCESO
-Introducíronse dous xenes da planta coñecida como boca de dragón ou "snapdragon", que activan a outros xenes que permañecían durmidos no tomate, provocando un aumento na produción de antocianinas, pero inda así o seu rol máis importante é o de antioxidante, xa que son coñecidos polas súas propiedades de antienvexecemento e anticanceríxenas.

3.CONCLUSIÓN

-A vida útil destes tomates é de aproximadamente 48 días en comparación coas 3 semanas do tomate convencional
-Menos propensos do mofo despois da colleita, permitindo que o tomate se desenvolva por moito máis tempo na planta, gañando cheiro e sabor, pero conservando a súa resistencia para o transporte.









Eva  Diéguez  Vila

lunes, 4 de diciembre de 2017

INTRODUCIÓN DUN XEN COMO PRÓXIMA CURA DO SÍNDROME DE DOWN: A investigación probaría que poden correxir os desórdenes xénicos en células vivas.

A inrtrodución dentro do xenoma humano dun único xen, chamado XIST, podería correxir a trisomía do cromosoma 21, a anomalía xénica que da lugar ó Síndrome de Down. 
            

                            


Esta investigación foi levada a cabo por un equipo de científicos da Universidade de Massachusetts e supón un gran avance no desenvolvemento de terapias, baseadas en cromosomas, que corrixan este tipo de desórdenes xénicos.

Os investigadores indroduciron unha gran cantidade de xen XIST, procedente do cromosoma X dos mamíferos placentarios, dentro de células madre cultivadas in vitro dunha persoa con síndrome de Down.



                               


Segundo os resultados, esta manipulación do xenoma humano foi capaz de silenciar a terceira copia adicional do cromosoma 21, que en lugar das dúas habituais, causa o síndrome de Down.

Para isto, compararon a célula antes e despois de que o xen XIST cubrira e silenciara o cromosoma extra; descubrindo así que o xen axudaba a correxir os patróns inusuais do crecemento das células nunha persoa con esta enfermidade.

Trala comprobación, o equipo concluíu que a investigación facilita novas claves para estudar tanto os cambios celulares nestas patoloxías coma a desactivación dun cromosoma corrente.


       
Con todo, aínda que quedan largos pasos para unha aplicación clínica, segundo os científicos, esta investigación demostra que correxir os desórdenes xénicos en células vivas pode ser alcanzable.


Isa Cabanzón
MANIPULACIÓN XÉNICA

Dende o seu descubrimento, a insulina converteuse nunha das moléculas máis estudadas no sector da medicina. Esta proteína está relacionada coa diabetes, unha enfermidade que afecta a un amplo sector da poboación. 
Ao logo da historia intentouse controlar esta enfermidade, primeiro con una dieta baixa en carbohidratos e rica en proteínas e graxas, logo extraendo insulina do gando, o que provocaba moitas alerxias nos enfermos, e finalmente na actualidade extraéndoa de bacterias.
Pero o que están intentando os científicos, e facilitar a vida das persoas con esta patoloxía, evitando a inxección da insulina. Para elo, usan vacas clonadas e transxénicas. Modificando o ADN destas vacas, pódese conseguir que a leite que estas producen conteña insulina humana. Este estudo levouno a cabo un investigador arxentino, e pretende, aforrar e mellorar a vida de moitas persoas que dependan da insulina.


Inés García Nóvoa

MANIPULACIÓN XÉNICA, Olga

QUE É?
- A enxeñería xenética, outra forma de chamala, é capacidade de engadir un novo ADN ou modificar un existente nun organismo. Deste xeito, é posible ter novas características nas especies que naturalmente non existen. Probablemente o caso máis coñecido é o alimento transxénico, pero hai moitas máis opcións.


CREACIÓN DE VACAS QUE PRODUCEN LEITE CON INSULINA
- Os bovinos convertéronse nunha alternativa para loitar contra a diabetes grazas a un proxecto arxentino onde as vacas son capaces de producir no seu leite un precursor da insulina humana. No 2002 creáronse vacas capaces de producir a hormona do crecemento, grazas a empresa farmacéutica Bio Sidus. E así actualmente chegouse a crear leite que posúe insulina, axudando a abaratar o coste desta un 30%.



Manipulación xénica

A enxeñaría xenética é un conxunto de técnicas, que forman parte da bioloxía molecular e teñen como obxecto a utilización dos coñecementos adquiridos en xenética para utilizar, reproducir, ou modificar o xenoma dos seres vivos. A miúdo ten por obxecto a modificación dos xenotipos, o que adoita producir a modificación dos fenotipos. A biotecnoloxía da manipulación xenética e transferencia de ADN dun organismo a outro, que posibilita a creación de novas variedades, a corrección de defectos xenéticos e a fabricación de numerosos compostos.






Moitos se preguntarán en que consiste a manipulación xenética. A enxeñería xenética -outra forma de chamalo- é a capacidade de engadir un novo ADN ou modificar un xa existente nun organismo. Desta forma, conséguese ter novas características na especie que naturalmente non existen. Probablemente o caso máis coñecido sexan os alimentos transxénicos, pero existen moitas máis opcións.



                                       Álex Domínguez Fornos 4ºA ESO