os recentes sismos do volcán Kilauea fai que Hawai estea en alerta por unha posible erupción inminente. Kilauea é un volcán en escudo hiperactivo en Hawai, e o máis activo dos cinco volcáns que conforman a illa de Hawai; é tamén un dos volcáns máis activos da Terra. A historia eruptiva do Kilauea foi moi longa e activa; o seu nome significa «cuspindo» ou «propagándose moito» en hawaiano, en referencia aos seus frecuentes derramamientos de lava.
a primeira erupción documentada do Kilauea ocorreu en 1823, cando o volcán foi posto baixo observación por primeira vez. A actividade eruptiva no cume era case continua durante gran parte do século XIX, e tras unha pausa entre 1894 e 1907, continuou ata 1924. Producíronse 5 erupciones históricas na zona de ruptura suroeste do volcán, e 24 ao longo da zona de ruptura oriental, sobre todo ao longo da parte superior desta zona.
Outras erupcions producíronse pouco despois, en 1954, 1955, e 1959, culminando nun gran episodio en 1960, cando a actividade sísmica e as erupcions freáticas baseadas en fisuras deron paso a un masivo fluxo de lava que afectou a varias comunidades evacuadas e centros turísticos. Despois dos sucesos de 1960, ocorreron erupcions anuais e case continuas, un estado de actividade volcánica que segue hoxe en día.
A principios de Maio de 2018, centos de pequenos terremotos foron detectados na cara este Kilauea, levando ás autoridades para evacuar unha parte da poboación dos arredores. O 3 de maio de 2018 o volcán finalmente fixo erupción en Puna despois de rexistrar un terremoto 5.0, causando a evacuación de emerxencia. Para o 6 de maio do mesmo ano 26 casas foran devoradas por varios fluxos de lava. O 22 de maio sucedeu unha explosión no volcán, que se pode cualificar da máis violenta en máis de cen anos en todo o mundo, que precipitou o crecemento do volume de lava emerxente, xa que acrecentou a cantidade de fisuras do volcán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario