O Volcán Kīlauea é un volcán en escudo hiperactivo en Hawai, e o máis activo dos cinco volcáns que conforman a illa de Hawai; é tamén un dos volcáns máis activos da Terra. Situado ao longo da costa sur da illa, o volcán, cunha idade de 300 000 ata 600 000 anos, emerxeu do mar fai uns 100 000 anos; é o segundo volcán máis recente formado polo punto quente de Hawai e o actual centro eruptivo da cadea de montes submarinos Hawai-Emperador
A principios de Maio de 2018, centos de pequenos terremotos foron detectados na cara este de o Kīlauea, levando ás autoridades a evacuar unha parte da poboación dos arredores. O 3 de maio de 2018 o volcán finalmente fixo erupción en Puna despois de rexistrar un terremoto 5.0, causando a evacuación de emerxencia de Leilani Estates e Lanipuna Gardens.O 22 de maio unha explosión no volcán, que se pode cualificar da máis violenta en máis de cen anos en todo o mundo, precipitou o crecemento do volume de lava emerxente, xa que acrecentou a cantidade de fisuras do volcán.
David Pérez Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario