Mostrando entradas con la etiqueta hominidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hominidos. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de junio de 2018

HOMO ANTECESSOR. aida.


HOMO ANTECESSOR

O homo antecessor é unha especie humana que pertence ao grupo dos hominidos, que habitou na terra hai 1.2 millóns de anos e que se estinguiu hai 800 mil anos. A demais esta especie foi das que máis pronto colonizaron Europa. En concreto o fósil mellor conservado desta especie de hominidos descuberta polos arqueologos Euduald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J.M. Bermúndez de Castro e que é unha maxila, atopouse en  España, en Atapuerca, e polo bo estado do fósil, decidiuse que era dun neno de arredor de 9-11 anos, que tiña un volume cerebral duns 1000cm3 ( volume que foi aumentando ao ir evolucionando as especies e que é unha característica pola cal nos separasmos dos chimpances para formar a especie homo ),e tamén se nos diu como característica do homo antecessor que estes practicaban o canibalismo ( polo cal alimentabanse dos membros da sua mesma especie ).
Polos datos obtidos dos máis de 80 fósiles que se atoparon  en Atapuerca, este homo estivo en debate pola sua relación co resto de homos atopados ata o momento, varias son as opinións e entre elas está a de que o homo antecessor é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e o heidelbergensis, ou que é unha especie que evolucionou a partir do ergaster, ou incluso que pode ser a mesma especie que a dos homo heidelbergensis.

Caveira de Homo antecessor                 Resultado de imaxes para homo antecessor

~Homo Neandertal~Sofía Morillo Dobarrio

O neandertal, (Homo neanderthalensis) foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos, que habitou Europa e partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.


Anatómicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. 
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume. O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriense".

Os rexistros fósiles de H. Nenderthalensis máis antigos son de hai cando menos 430 mil anos.
El arqueólogo Joao Zilhao publicou decenas de investigacións que confirman, unha e outra vez, que os neandertales tiñan aptitudes cognitivas equivalentes ás dos Homo sapiens. Demostran que facían pinturas rupestres e poñíanse colares, “deberían pechar o debate de se os neandertales tiñan pensamento simbólico”, sentenza. Pero, se eran tan intelixentes como os Homo sapiens, por que se extinguiron? “É que non se extinguiron, son os nosos devanceiros!”, rebate. Entre o 1% e o 4% do xenoma dos europeos actuais é de orixe neandertales, mentres que o 96% a 99% restante procede de Homo sapiens vindos de África. “Menos dun 4% non parece moito, pero é o esperable cando se mesturan unha poboación grande e unha pequena. Debía haber uns 20.000 neandertales en toda Europa e chegaron un millón ou dous de africanos. Por iso o ADN nenandertal está tan diluído entre os europeos actuais”.
E unha porcentaxe do 10%-20% daqueles neandertales nas poboacións actuais non pode considerarse simplemente unha contribución marxinal nin accidental, senón a consecuencia natural do encontro de grupos reducidos de neandertales cos amplos grupos humanos procedentes de África; a contribución xenética dos neandertales diluíuse nas poboacións, pero non desapareceu.
De feito, atoparon que o ADN neandertal está ausente no África subsahariana, confirmando o relato clásico de que houbo diversos movementos migratorios desde o continente africano; pero agora ademais sabemos que, unha vez mesturadas cos neandertales, estas poboacións non regresaron a África, senón que se estenderon polo resto do planeta. A medida que dispoñamos de máis información xenética, poderemos desvelar con maior precisión moitos detalles sobre a nosa orixe


martes, 5 de junio de 2018

carla homínidos

 HOMO ERECTUS

O Homo erectus foi unha especie homínida, que se atopau, entre 1.8 de anos atrás a hai 143 mil. Orixinouse en África e expandiuse chegando de Inglaterra,  a India, Sri Lanka, e a Xava.

O Homo erectus tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores.  Os útiles que conservamos de ambos os dous períodos son de pedra.  A cultura achelense comezou hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. 


O Homo erectus foi o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presas como actividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o Gran Val do Rift migrou ata o Mar Vermello, Asia e Europa aprendendo a dominar a súa contorna por primeira vez e creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.


Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o lume.


Franz Weidereich descubriu  o asentamento máis importante de Homo erectus, preto de  Pequín, que recibiu primeiro o nome de Sinanthropus pekinensis ou Home de Pequín, aínda que máis tarde clasificouse como H. erectus. O cranio da táboa taxonómica procede do sitio de  Tautevel, no sur de Francia, escavado por Henry de Lumley.








lunes, 4 de junio de 2018

Homo georgicus


Imaxe relacionadaHomo  georgicus é unha especie de  homínido establecida en 2002 a partir dos fósiles atopados un ano antes en  Dmanisi, no  Cáucaso, República de Xeorxia. Nun principio considerouse intermedia entre o  Homo  habilis e o  Homo  erectus, e relacionada co  Homo  ergaster, aínda que outras interpretacións  disienten da súa consideración como especie diferenciada e mesmo achegan estes mesmos fósiles como proba dunha hipotética única especie dentro do xénero  Homo. Os fósiles datáronse entre 1,8 e 1,6 millóns de anos. O tamaño do cerebro calculouse entre 600 e 680  c. c. A estatura estimouse en 1,5 m.


Resultado de imaxes para Homo georgicusCranio fósil de  Dmanisi.
Foi atopado primeiro gran parte dun esqueleto. Posteriormente houbo outros tres achados, incluído un cranio completo (pero sen dentes, só co canino esquerdo) e ademais, atopáronse asociados cos ósos, artefactos de pedra e de percusión, que lle permitían a esta especie cazar, matar animais e procesalos. Quedou establecida a condición de cazador do  Homo  georgicus e non de  carroñero nin de simple  recolector e consumidor de alimentos brandos vexetais. O  homínido de  Dmanisi consumía carne, e este produto puido ser a clave da supervivencia desta especie e doutros  homínidos habitantes de altas latitudes, sobre todo no inverno.

Ao parecer, os cinco individuos do  Dmanisi formaban unha familia que se viu envolvida nunha  erupción  volcánica que os obrigou a penetrar no abrigo, e logo morreron por asfixia debido ás cinzas  volcánicas. Esa é a explicación que se desprende do estudo dos estratos, e a razón de por que neste caso excepcional atopouse un número elevado de fósiles xuntos que eran de idades tan variadas.


Daniel Moura González

lunes, 28 de mayo de 2018

Ardipithecus ramidus, David CP

Ardipithecus ramidus é unha especie extinta de homínido, probablemente un hominino (primate bípedo) e quizá un devanceiro do ser humano." Ardi" significa chan, " pithecus" en grego significa mono... e ramid é raíz, na lingua ( amhárico) do lugar (Etiopía) onde foron atopados os primeiros restos.Características: -Altura: 130 cm - 150cm -Peso: 50 kg -Volume cerebral: 350 cm3 -Base do cranio: Alongada -Orificio occipital: Posterior - Prognatismo: prominente -Era bípedo e que camiñaba coas costas rectas -Debía camiñar apoiándose sobre a parte externa dos pés e que non podería percorrer grandes distancias. -Vivía en bosques con pequenos claros, alimentándose tanto nas árbores como no chan. -Probablemente tivese unha dieta omnívora.









David CP

viernes, 25 de mayo de 2018

Unha nova especie: Homo Naledi

"Búscanse expertos ou expertas en antropoloxía, delgadas, baixiñas e que non teñan claustrofobia".

Este foi o anuncio de traballo que lanzou hai dous anos Lee Berger polas redes sociais. Buscaba xente capaz de meterse por unha greta de 18 centímetros de ancho a uns 50 quilómetros de Johannesburgo (Sudáfrica) e sacar á luz o que prometía ser un cargamento de fósiles humanos sen igual.


[Para chegar ata a cámara na que se acharon hai que percorrer uns 80 metros de cova, rubir unha parede e escurrirse por unha greta que os investigadores comparan coa boca dunha caixa de correos, chanceando só a medias. Esta ruta, totalmente en tebras, é a única que existe hoxe e, segundo os estudos xeolóxicos, a única que existía cando se depositaron os cadáveres].



Hoxe publicáronse os datos máis completos desa escavación realizada na cova Rising Star. Os resultados destapan a existencia dunha sima con máis de 1.500 fósiles humanos entre os que hai polo menos 15 individuos. Os autores aseguran que son unha nova especie dentro do noso xénero, que bautizaron como Homo Naledi.


Os descubridores cren que aqueles homínidos foron depositados alí polos seus congéneres, o que supoñería un inesperado comportamento funerario nunca observado en humanos tan primitvos. Todos os restos coñécense grazas ao traballo dun equipo integramente feminino que foi capaz de coarse na estreita cámara durante dúas expedicións. O conxunto é o xacemento de fósiles humanos concentrados nun só lugar máis grande de todo África e un dos maiores do mundo, segundo os seus descubridores.


Tras o achado, en outubro de 2013, ante unha chea de ósos tan complexo, o paleoantropólogo comezou a seleccionar un nutrido grupo de científicos internacionais, a maioría deles mozas e mozos, para que lle axudasen na análise de cada parte do corpo da nova especie.

Probablemente o máis apaixonante do achado son as preguntas que deixa sen responder. Os descubridores din non conseguir datar os fósiles nin saben como chegaron ata alí todos eses cadáveres.
A análise dos restos e o seu contexto xeolóxico describe unha especie que chamaría a atención se a vísemos paseando pola rúa, pero que xa non eran simples chimpancés ergueitos: xa tiñan un corpo estilizado e trazos humanos, como a capacidade para andar ergueitos ou uns dentes relativamente pequenos. As súas mans tiñan xa o pulgar oponible que permite fabricar ferramentas de pedra e os seus pés eran moi parecidos aos dos humanos modernos, só que un pouco máis planos.


A pregunta que todos os cientificos e cientificas se fan desta investigación é: se non se soubo ata hoxe en día nada de esta especie, haberá máis homínidos descoñecidos coma este escondidos en algún lugar do mundo?

Lucía González Dapía 

Homo erectus


El Homo erectus, que vivió entre 1,8 millones y 300.000 años antes de la actualidad, en la época del Pleistoceno inferior y medio (era Cenozoica).

Los fósiles del Homo erectus fueron hallados en la región de Asia oriental, en países como China e Indonesia. Otros fósiles similares fueron encontrados en África y en Europa, aunque finalmente los científicos se decantaron por incluirlos en otras especies.


El Homo erectus era robusto y podía medir hasta 1,80 metros. Contaba con una mandíbula fuerte aunque sin mentón, dientes pequeños y un volumen craneal que creció a lo largo de la historia de la especie hasta alcanzar los 1.200 centímetros cúbicos.

Se cree que el Homo erectus ya dominaba el fuego. Esta especie también contaba con la capacidad de desarrollar herramientas como martillos, cuchillos, yunques y cavadores, hechos con piedras y huesos.

Es posible reconocer diversas subespecies dentro del Homo erectus:



Homo erectus pekinensis Resultado de imagen de Homo erectus pekinensis 
Homo erectus erectus Resultado de imagen de Homo erectus erectus
 Homo erectus soloensis Resultado de imagen de Homo erectus soloensis 

                                                                                                              David Pérez Rodríguez

Homo neanderthalensis


Homo neanderthalensis:
O neandertal, Homo neanderthalensis, foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos, que habitou Europae partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.
Morfoloxicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. Moitas desas características, como o do nariz, eran adaptación a ambientes fríos. A masa cerebral era semellante á H. sapiens, arredor do 10% maior, por ser algo máis longo ao seguir as diferenzas de proporción corporal. Suxeriuse que os neandertais tiñan capacidade de expresión verbal, fala, similar a dos humanos modernos.
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume. O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriense".
O seu nome procede da rexión onde se atopou o primeiro xacemento fósil, no século XIX. Foi no leste de Düsseldorf, Alemaña, na cova de Feldhofer, que está emprazada na ribeira do río Düssel no val de Neander (en alemán, "Neanderthal").







                              Homo Neanderthlensis




Álex Domínguez Fornos 4ºA ESO

TRALA PISTA DO HOMO RHODESIENSIS...

Homo rhodesiensis é unha especie de homínido fósil do xénero Homo, achado por primeira vez en 1921 en Zambia. Considérase que viviu soamente en África, desde fai 600 000 ata 160 000 anos antes do presente, durante o Ioniense.👌
A capacidade neurocraneal do Homo  rhodesiensis era relativamente alta, entre 1280 e 1325 cm³. Un cranio que podería ser o máis antigo desta especie, achado en Bodo, Etiopía, datado en 630 000 anos antes do presente, tiña unha capacidade  endocraneana de 1250 cm³😵
Morfológicamente conserva certos trazos antigos comúns a  Homo erectus,  Homo  ergaster e  Homo  antecessor, ten outros que permitiron relacionalo con  Homo  heidelbergensis e  Homo  neanderthalensis, pero ademais presenta trazos que apuntan cara ao  Homo  sapiens. Por tales características intermedias foi comparado co Home de  Petralona.
Este é o noso antepasado directo e está, evolutivamente falando, máis preto de nós que o  Homo  neanderthalensis.😁
Fisicamente, este antigo  homo era un pouco máis grande que nós. Se por exemplo a media do  Homo  sapiens é de 175 cm (agora será máis pola mellor alimentación), a do  Homo  Rhodesiensis superaría os 180 cm. Se o vísemos pareceríanos un home grande e forte, cunha cara alongada e máis grande, en proporción, que a nosa. Tería uns pómulos marcados, unha gran dentadura e unha fronte algo  huidiza. Tamén veriamos a mandíbula ben marcada aínda que sen o  mentón tan acentuado como o noso, e a forma da cabeza sería menos " globosa" e máis alongada, o óso occipital sobresaía cara atrás.😍