Ardipithecus ramidus é unha especie extinta de homínido, probablemente un hominino (primate bípedo) e quizá un devanceiro do ser humano." Ardi" significa chan, " pithecus" en grego significa mono... e ramid é raíz, na lingua ( amhárico) do lugar (Etiopía) onde foron atopados os primeiros restos.Características:
-Altura: 130 cm - 150cm
-Peso: 50 kg
-Volume cerebral: 350 cm3
-Base do cranio: Alongada
-Orificio occipital: Posterior
- Prognatismo: prominente
-Era bípedo e que camiñaba coas costas rectas
-Debía camiñar apoiándose sobre a parte externa dos pés e que non podería percorrer grandes distancias.
-Vivía en bosques con pequenos claros, alimentándose tanto nas árbores como no chan.
-Probablemente tivese unha dieta omnívora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario