viernes, 25 de mayo de 2018

Homo neanderthalensis


Homo neanderthalensis:
O neandertal, Homo neanderthalensis, foi unha especie do xénero Homo, ou subespecie dos humanos arcaicos, que habitou Europae partes oeste do centro de Asia hai aproximadamente entre 400 mil e 40 mil anos.
Morfoloxicamente eran similares a Homo sapiens, pero cunha pelve de forma máis ampla e extensa, similar a especies anteriores. O cranio era longo e máis baixo. A parte media e central do rostro era ampla, os ósos das meixelas angulosos, os arcos supraorbitais dobres e tiñan tamén un nariz grande. O seu corpo era máis baixo, preto de 1,65 m de altura, pero máis ancho có de H. sapiens; e con diferenzas entre homes e mulleres relevantes. A mandíbula inferior non tiña queixelo. Moitas desas características, como o do nariz, eran adaptación a ambientes fríos. A masa cerebral era semellante á H. sapiens, arredor do 10% maior, por ser algo máis longo ao seguir as diferenzas de proporción corporal. Suxeriuse que os neandertais tiñan capacidade de expresión verbal, fala, similar a dos humanos modernos.
Os neandertais viviron de Europa á Asia central. Foron cazadores de animais e colectores de plantas. Construían e empregaron recursos sofisticados, como cabanas para vivir nelas, pezas de vestir e ornamentación. Controlaban o lume. O estilo das súas ferramentas de pedra chámase de "cultura musteriense".
O seu nome procede da rexión onde se atopou o primeiro xacemento fósil, no século XIX. Foi no leste de Düsseldorf, Alemaña, na cova de Feldhofer, que está emprazada na ribeira do río Düssel no val de Neander (en alemán, "Neanderthal").







                              Homo Neanderthlensis




Álex Domínguez Fornos 4ºA ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario