Este foi o anuncio de traballo que lanzou hai dous anos Lee Berger polas redes sociais. Buscaba xente capaz de meterse por unha greta de 18 centímetros de ancho a uns 50 quilómetros de Johannesburgo (Sudáfrica) e sacar á luz o que prometía ser un cargamento de fósiles humanos sen igual.
[Para chegar ata a cámara na que se acharon hai que percorrer uns 80 metros de cova, rubir unha parede e escurrirse por unha greta que os investigadores comparan coa boca dunha caixa de correos, chanceando só a medias. Esta ruta, totalmente en tebras, é a única que existe hoxe e, segundo os estudos xeolóxicos, a única que existía cando se depositaron os cadáveres].
Hoxe publicáronse os datos máis completos desa escavación realizada na cova Rising Star. Os resultados destapan a existencia dunha sima con máis de 1.500 fósiles humanos entre os que hai polo menos 15 individuos. Os autores aseguran que son unha nova especie dentro do noso xénero, que bautizaron como Homo Naledi.
Os descubridores cren que aqueles homínidos foron depositados alí polos seus congéneres, o que supoñería un inesperado comportamento funerario nunca observado en humanos tan primitvos. Todos os restos coñécense grazas ao traballo dun equipo integramente feminino que foi capaz de coarse na estreita cámara durante dúas expedicións. O conxunto é o xacemento de fósiles humanos concentrados nun só lugar máis grande de todo África e un dos maiores do mundo, segundo os seus descubridores.
Tras o achado, en outubro de 2013, ante unha chea de ósos tan complexo, o paleoantropólogo comezou a seleccionar un nutrido grupo de científicos internacionais, a maioría deles mozas e mozos, para que lle axudasen na análise de cada parte do corpo da nova especie.
Probablemente o máis apaixonante do achado son as preguntas que deixa sen responder. Os descubridores din non conseguir datar os fósiles nin saben como chegaron ata alí todos eses cadáveres.
A análise dos restos e o seu contexto xeolóxico describe unha especie que chamaría a atención se a vísemos paseando pola rúa, pero que xa non eran simples chimpancés ergueitos: xa tiñan un corpo estilizado e trazos humanos, como a capacidade para andar ergueitos ou uns dentes relativamente pequenos. As súas mans tiñan xa o pulgar oponible que permite fabricar ferramentas de pedra e os seus pés eran moi parecidos aos dos humanos modernos, só que un pouco máis planos.
A pregunta que todos os cientificos e cientificas se fan desta investigación é: se non se soubo ata hoxe en día nada de esta especie, haberá máis homínidos descoñecidos coma este escondidos en algún lugar do mundo?
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario