A capacidade neurocraneal do Homo rhodesiensis era relativamente alta, entre 1280 e 1325 cm³. Un cranio que podería ser o máis antigo desta especie, achado en Bodo, Etiopía, datado en 630 000 anos antes do presente, tiña unha capacidade endocraneana de 1250 cm³😵
Morfológicamente conserva certos trazos antigos comúns a Homo erectus, Homo ergaster e Homo antecessor, ten outros que permitiron relacionalo con Homo heidelbergensis e Homo neanderthalensis, pero ademais presenta trazos que apuntan cara ao Homo sapiens. Por tales características intermedias foi comparado co Home de Petralona.
Este é o noso antepasado directo e está, evolutivamente falando, máis preto de nós que o Homo neanderthalensis.😁
Fisicamente, este antigo homo era un pouco máis grande que nós. Se por exemplo a media do Homo sapiens é de 175 cm (agora será máis pola mellor alimentación), a do Homo Rhodesiensis superaría os 180 cm. Se o vísemos pareceríanos un home grande e forte, cunha cara alongada e máis grande, en proporción, que a nosa. Tería uns pómulos marcados, unha gran dentadura e unha fronte algo huidiza. Tamén veriamos a mandíbula ben marcada aínda que sen o mentón tan acentuado como o noso, e a forma da cabeza sería menos " globosa" e máis alongada, o óso occipital sobresaía cara atrás.😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario