Recentemente un grupo de investigadores alemáns desenvolveu un método para a impresión de vidro que por primeira vez prescinde do uso de altas temperaturas durante o proceso de impresión.
Con todo obter vidro modelado de alta pureza require procesos de produción complexos que inclúen o uso de compostos químicos como acidos e altas temperaturas. Estes inconvenientes dificultan a fabricación de obxectos de vidro con tecnoloxías como a impresión 3D.
Para logralo, os investigadores desenvolveron un nanocompuesto de fundición que permite a impresión 3D de vidro de alta calidade, non poroso e transparente empregando unha impresora 3D estereolitografica, un método de fabricación que utiliza a luz ultravioleta para solidificar o composto cunha precisión dunhas poucas decenas de micras, dependendo da impresora empregada.
Impresora 3D estereolitografica
O composto usado para a impresión contén nanopartículas de sílice, vidro en po, suspendido nun líquido que é similar á resina líquida usada habitualmente nestas impresoras. Deste xeito o proceso de impresión non varía: unha feixe de luz ultravioleta solidifica a líquido capa por capa resultando nunha figura tridimensional sólida. Unha vez impresa hai que quentar a figura nun forno para eliminar o material sobrante (a resina) e converter as nanopartículas de sílice en vidro.
David Pérez Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario