viernes, 15 de junio de 2018

HOMO HABILIS- Eva Diéguez Vila

HOMO HABILIS

Resultado de imaxes para homo habilis


1.INTRODUCCIÓN
Homínido extinto que viviu en África, nas idades de Gelasiense e Calabriense, é dicir, principios e mediados do Pleistoceno, 2,4 millóns de anos atrás. O seu descubrimento débese a Mary e Louis Leakey, quen atopou os fósiles en Tanzania, entre 1962 e 1964. Cando foi descuberto consideróuselle como a especie máis antiga do xénero homo.

O seu nome fai referencia ao achado de instrumentos líticos probablemente confeccionados por este, e para comprobalo realizáronse estudos detallados dos restos óseos das súas mans. Os científicos concluíron que tiñan a capacidade de prensión de agarre para realizar as manipulacións necesarias na fabricación de utensilios de pedra.
Obsérvase neles un importante incremento no tamaño cerebral con respecto a Australopithecus, que se calculou entre 510 cm³ e 600 cm³.

A maior parte dos restos foron achados en Quenia, na localidade de Koobi Fora, e en Tanzania, na coñecida Garganta de Olduvai.


2.PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS
- Cranio máis redondeado e cunha capacidade de 600 cm³. 
- Incisivos espadiformes e molares grandes, con esmalte groso. 
- Ausencia de diastema.
- Oco occipital situado máis cara ao centro. 
- Rostro menos prognato e incisivos máis grandes que os australopithecus.  
- Cara curta. 
- Dedos curvos de pés e mans o que indicaba que aínda utilizaban as árbores. 
- A posición bípeda nas femias provoca unha redución da pelvis que ten como consecuencia un adianto dos partos.

3.ALGÚNS XACEMENTOS

Kada Hadar (Etiopía)- Parte do cranio con dentes con 2,33 Ma de antigüidade. Sería o habilis máis antigo se se confirma, xa que hai dúbidas na atribución.

Shungura Omo (Etiopía)-Mandíbula superior con parte dos dentes e algunhas partes do cranio de fai 2,12 Ma.


Chemeron (Quenia)- Parte dun óso temporal dun cranio dunha antigüidade de 2,4 Ma.
-Cranio bastante completo de 510 cm³ de capacidade e datado en 1,78 Ma (descuberto por Kamoya Kimeu en 1973)


No hay comentarios:

Publicar un comentario