Os volcáns de Hawai son especialmente particulares, tanto, que as súas erupcións son unha categoría en si mesma entre as varias que os xeólogos teñen identificadas.
Chámaselles, como non, "erupcións hawaianas" e caracterízanse non tanto por ser explosivas, senón por despedir lavas que se derraman polo cráter e por gretas nas ladeiras do volcán.
A lava, que supera 1.000 graos de temperatura, pódese desprazar a unha velocidade que oscila entre 1 quilómetro por día ata 10 quilómetros por hora, segundo datos do Servizo Nacional de Xeoloxía e Minería de Chile. Aínda que parece líquida, a lava compórtase como unha mole en movemento, así que unha das estratexias que se tentaron é fragmentala para que perda a forza con que avanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario