Kilauea, na Illa Grande de Hawai, entrou en erupción a principios de maio e a situación dos residentes foi empeorando constantemente.
E é que máis aló das continuas explosións que está a deixar a erupción do volcán Kilauea na maior illa de Hawai e da lava que arrasa con todo ao seu paso, súmase o problema dos gases que se desprenden cando a lava toca o océano.
O goberno local di que dous fluxos de lava chegaron ao océano Pacífico, creando nubes espesas coñecidas en inglés como " laze" pola combinación das palabras lava e haze (brétema).
As nubes conteñen acedo clorhídrico e partículas de vidro que poden causar irritación e dificultades para respirar.
"Mantéñase afastado de calquera pluma no océano (columna de fume). A pluma viaxa co vento e pode cambiar de dirección sen previo aviso",
Advertiron as autoridades xa que as emisións tóxicas de gases volcánicos "triplicáronse como resultado das recentes erupcións".
Ademais os xeólogos advirten que o comportamento dos fluxos de lava é impredicible e instan os residentes a obedecer todas as advertencias da defensa civil de Hawai.
Miles de persoas deixaron os seus fogares nalgunhas áreas da illa xa que como consecuencia desa lava tamén se produciron varios incendios en bosques.
A pesar das preocupacións de seguridade nalgunhas áreas residenciais e a inquietude de que a cinza volcánica poida interferir coas viaxes aéreas, moitas actividades turísticas seguen abertas, do mesmo xeito que os aeroportos da illa.
Aquí deixo un time lapse dunha das erupcións do volcán.
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario