Homo georgicus é unha especie de homínido establecida en 2002 a partir dos fósiles atopados un ano antes en Dmanisi, no Cáucaso, República de Xeorxia. Nun principio considerouse intermedia entre o Homo habilis e o Homo erectus, e relacionada co Homo ergaster, aínda que outras interpretacións disienten da súa consideración como especie diferenciada e mesmo achegan estes mesmos fósiles como proba dunha hipotética única especie dentro do xénero Homo. Os fósiles datáronse entre 1,8 e 1,6 millóns de anos. O tamaño do cerebro calculouse entre 600 e 680 c. c. A estatura estimouse en 1,5 m.Foi atopado primeiro gran parte dun esqueleto. Posteriormente houbo outros tres achados, incluído un cranio completo (pero sen dentes, só co canino esquerdo) e ademais, atopáronse asociados cos ósos, artefactos de pedra e de percusión, que lle permitían a esta especie cazar, matar animais e procesalos. Quedou establecida a condición de cazador do Homo georgicus e non de carroñero nin de simple recolector e consumidor de alimentos brandos vexetais. O homínido de Dmanisi consumía carne, e este produto puido ser a clave da supervivencia desta especie e doutros homínidos habitantes de altas latitudes, sobre todo no inverno.
Ao parecer, os cinco individuos do Dmanisi formaban unha familia que se viu envolvida nunha erupción volcánica que os obrigou a penetrar no abrigo, e logo morreron por asfixia debido ás cinzas volcánicas. Esa é a explicación que se desprende do estudo dos estratos, e a razón de por que neste caso excepcional atopouse un número elevado de fósiles xuntos que eran de idades tan variadas.
Daniel Moura González
No hay comentarios:
Publicar un comentario