MANIPULACIÓN XENÉTICA DOS TOMATES
1. INTRODUCCIÓN
Tras lograr secuenciar o xenoma do tomate, científicos do Centro John Innes en Norfolk, desenvolveron un tomate xeneticamente modificado con mellor sabor, unha maior cantidade de antioxidantes e que pode permanecer almacenado o dobre de tempo que un tomate normal, adquirindo unha rechamante cor morada. O obxectivo do principal do proxecto era producir froitas con altos niveis de antioxidantes que poden beneficiar a saúde, xa que se demostrara que axudaban a estender a vida daqueles seres propensos ao cancro nun 30%, pero o froito modificado ademais trouxo consigo outras calidades facéndoo máis resistente e con mellor sabor.
2. PROCESO
-Introducíronse dous xenes da planta coñecida como boca de dragón ou "snapdragon", que activan a outros xenes que permañecían durmidos no tomate, provocando un aumento na produción de antocianinas, pero inda así o seu rol máis importante é o de antioxidante, xa que son coñecidos polas súas propiedades de antienvexecemento e anticanceríxenas.
3.CONCLUSIÓN
-A vida útil destes tomates é de aproximadamente 48 días en comparación coas 3 semanas do tomate convencional
-Menos propensos do mofo despois da colleita, permitindo que o tomate se desenvolva por moito máis tempo na planta, gañando cheiro e sabor, pero conservando a súa resistencia para o transporte.
Eva Diéguez Vila
No hay comentarios:
Publicar un comentario