viernes, 1 de diciembre de 2017

Series conectadas

A nosa obsesión co móbil é bastante grande en xeral, ninguén o pon en dúbida, e ultimamente co boom das plataformas dixitais de pago como HBO, Netflix ou Movistar +, parece que a nosa obsesión polo non acabase xa que non só usaremos o móbil para as redes sociais como ata agora nos ultimos anos se non que tambien estaremos co en man para ver as nosas series ás que tan enganchados estamos, por exemplo para deixar claro o poder das series, en EE.UU., 361.000 persoas viron completa a segunda tempada de Stranger Things, composta por nove capítulos, o mesmo día da súa estrea! Pois ben, deixando de lado datos e obviedades da nova vida televisiva do século XXI, as compañías de móbil han incluído vendo o furor novas apps para os seus sistemas. 




Por exemplo una delas: Dive,historias paralelas en segunda pantalla.


Esta aplicación para iOS e Android enriquece nunha segunda pantalla (a do teléfono ou a tableta) o contido que estamos a ver. Funciona, de tal modo que hai que especificar de que serie, tempada e capítulo trátase e aproximar o dispositivo móbil ao aparello onde se está reproducindo unha serie en directo para que Dive recoñeza o audio e sincronice con cada escena a información que ofrecerá. Unha vez axustado, a medida que avanza a acción na pantalla do móbil van xurdindo datos adicionais sobre os personaxes, os actores, a banda sonora, o vestiario, as localizacións e diversas curiosidades da rodaxe. Ademais Dive ten unha axenda coa programación e a posibilidade dun alarma para 15 min. antes do esperado momento do día que que é ver a túa serie favorita


Outra pode ser :TV Estafe, unha axenda por capítulos. 

Esta aplicación está disponoñible para iOS e Android, e como o titulo indica conta cunha completa axenda onde o usuario administra todo o relativo ás súas series favoritas. Para empezar a utilizala, primeiro hai que seleccionar eses títulos que se queren ter controlados e a partir de ahí xénerase un calendario con avisos sobre cando e onde se emitirán os próximos capítulos. Ademais podes facer clic nunha das series e abrirase un abanico de información relacionado a esta. TV Estafe inclúe entre as súas funcións o poder ver contido de fotos e vídeos, memes e comentarios agregados á app por outros usuiarios, tendo tamén xogos en formato quiz para retar a outros amantes da serie.


Aida Méndez Sánchez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario