viernes, 15 de diciembre de 2017

Animais transxénicos


  • A ovella 15% humana

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O profesor Esmail Zanjani da Universidade de Nevada é o responsable deste animal. 7 anos e 5 millóns de libras esterlinas (7.000.000 de €) foron necesarios para crear este híbrido. Esta ovella permitirá, nun futuro non moi afastado, utilizar os seus órganos para ser transplantados a humanos en caso de necesidade. O fígado, o corazón, os pulmóns, e o cerebro son as partes que máis cantidade de material xenético comparten co ser humano. Os debates sobre a ética e moralidade destes estudos xa están na fala da xente os científicos a favor e na súa contra.
  • A vaca que dá insulina

patagonia 1
Patagonia I chámase este animal e foi creado en Arxentina en 2007 pola empresa Biosidus. Modificouse a súa estrutura xenética para que producise leite cunha especie de insulina moi similar á que producimos os humanos e necesitan os diabéticos. As vacas producen deste xeito unha molécula que se chama precursora da insulina e que, con tan só engadirlle unha proteína no laboratorio, convértese en insulina normal. A vantaxe fronte a outros estudos é que antes, as vacas que producían insulina no leite morrían envelenadas debido ao exceso desta, pero agora, ao non fabricar realmente a insulina non corren perigo ningún. A insulina utilizada antes proviña do páncreas do porco e era de moita peor calidade. Ademais de ser moito máis cara e difícil de obter
  • Os Glofish ou peixes brillantes

glofish
Os Glofish son a proba de que ás veces, as modificacións xenéticas non levan a cabo en beneficio da humanidade senón con beneficios puramente económicos. A modificación destes peixes, nun principio, era para detectar a contaminación ambiental, pero debido a que non serviron ao seu labor buscóuselles outra saída menos ética. Estes peixes cebra están modificados cunha proteína procedente das medusas que fai que brillen ante a luz branca ou ultravioleta.
En Canadá y Europa no está permitida la venta de estos peces.
  • A ra translucida

tumblr_kq921kH9pD1qzcdp3o1_1280
En Hiroshima (Xapón) crearon en 2007 unhas ras translucidas cruzando xenes de 2 especies de ras xaponesas. A súa utilidade é a de poder estudar o efecto de químicos nos seus órganos, o desenvolvemento do cancer etc. nestes animais. As ras transparentes ofrecen un método máis rápido e máis barato á hora de realizar diversos estudos xa que ao non ter que diseccionarlo afórrase moito tempo e vidas.




  • ANDi o primeiro primate modificado xenéticamente

1391353463_071898_1391353566_noticia_normalANDi é o primeiro primate modificado xenéticamente. Nacido en 2001 leva nos seus xenes unha proteína fluorescente extradita dun tipo de medusa. Esta modificación xenética permite que certas celular sexan fluorescentes ao ser expostas a determinada luz do microscopio. En realidade o único que se buscaba era probar que se pode alterar a secuencia xenética dun ser tan complexo como un primate para introducir daquela outras modificacións que se poidan ser útiles para a cura de determinadas enfermidades como o Alzheimer ou o Cancro. Ao ser un animal tan próximo xenéticamente aos humanos as voces en contra deste tipo de investigación alzáronse por todo o mundo.



  • O salmón que máis carne

salmon transgenico
A empresa norteamericana AquaBounty Technologies estivo investigando estes últimos anos para crear o salmón que eles chamaron AquAdvantage. Este peixe leva incorporado o xene do crecemento do salmón Chinook e provoca que alcance un 200% máis de tamaño que un salmón normal e moito máis rápido. Aínda non está permitida a súa comercialización nin o seu consumo en humanos pero xa están a exportar ovos non fértiles a Canada, o que é un paso máis preto.

  • Os porcos que poden doar órganos a humanos

Cerdo_2
Talvez sexa demasiado pronto para afirmar con rotundidade que isto sexa posible, pero un estudo surcoreano ha avanzado enormemente neste campo. Despois de varios intentos conseguiron crear un porco que produce un antígeno que faría moito máis fácil a aceptación do órgano transplantado por parte do humano receptor. O porco foi chamado Somang-i


  • As vacas Belgian blue

conoce-el-increible-caso-de-las-super-vacas-trangenicas-o-azules-belgas1
Estas raza de musculosas vacas deixámola para o final xa que, realmente, non son un animal transxénico, porque non se modificaron xeneticamente nun laboratorio. A súa existencia é produto da crianza selectiva por parte dos humanos xuntando aos especímenes máis grandes desta raza tentando conservar unha anomalía xenética que provoca a hipertrofia muscular nestes animais. Estas vacas son aptas para o consumo humano e, de boto, din que a súa carne é moi saborosa. Debido á súa condición xenética estes animais desenvolven entre un 15 e un 20% máis de masa muscular, o que se traduce en máis carne polo mesmo prezo.


           

Daniel Moura González

No hay comentarios:

Publicar un comentario