lunes, 18 de diciembre de 2017

Vacinas comestibles

Vacinas sen picadas din os especialistas que despois da auga potable,  son o método que máis preveu as enfermidades infecciosas. As vacinas tradicionais son preparadas co axente patóxeno. O principio en que se basea a vacinación é que o axente patóxeno modificado non provoque a enfermidade, pero estimule a resposta inmunolóxica que deixará en “alerta” ao sistema inmune. Demostrouse que en moitos casos non é necesaria a presenza do microorganismo completo e que basta con introducir no corpo algunha das proteínas do axente responsables de desencadear a resposta inmune.
Resultado de imagen de vacunas comestiblesA ventaxa deste método é que se evita o contacto co patóxeno, mesmo durante a produción da vacina. Mediante este procedemento, en 1986 xurdiu a primeira vacúa recombinante contra a Hepatite B, a través da produción en fermentos dun antíxeno do virus causante desta enfermidade.   Na actualidade, os científicos están a agregar unha nova posibilidade para o deseño de vacinas: facelas comestibles! A idea destas investigacións en enxeñería xenética que utilizan froitas ou bacterias lácticas, é desenvolver unha mazá ou un yogurt que posúa unha única diferenza cos produtos homólogos que se consomen habitualmente: a presenza dunha proteína capaz de iniciar a resposta inmune no organismo. Vacinas en plantas comestibles da mesma forma en que a biotecnoloxía introduce certos xenes nos vexetais para facelos tolerantes a herbicidas ou resistentes a secas e pragas, actualmente estase  ensaiando a modificación do xenoma dalgunhas plantas comestibles de maneira que produzan certas proteínas inmunoxénicas do patóxeno. Desta forma, cando as plantas son inxeridas, desencadean a resposta inmune que confire inmunidade contra os axentes patóxenos específicos. A través deste procedemento o tecido vexetal pode empregarse como vacúas comestibles para seres humanos e outros animais. Demostrouse que esta idea é viable usando diversas proteínas bacterianas e virales. De feito, hai xa algúns anos que se producen diversos antígenos en plantas modificadas por enxeñería xenética. En moitos casos, demostrouse que os antígenos expresados en plantas transxénicas induciron respostas inmunes cando foron administrados tanto con inxeccións, como por vía oral en animais de laboratorio. Tamén deron bos resultados as probas clínicas realizadas en voluntarios humanos nas cales os antíxenos consumidos por vía oral a partir de tecido vexetal foron capaces de inducir unha importante resposta inmune. Por esta razón considérase que as vacinas preparadas en plantas teñen un gran potencial.


           
Daniel Moura González

No hay comentarios:

Publicar un comentario