lunes, 11 de diciembre de 2017

Impresión 3D: Materiais intelixentes.

Materiais intelixentes.

En España o Departamento de Inxenería da Universidade de Alicante e a empresa Applynano Solutions conseguiu desenvolver materias intelixentes para a impresión 3D.

UA-Aulario2.jpg
Universidade de Alicante
article_3dbridge1
Ponte impresa en 3D de Madrid
O nome de este proxecto en español é "MAESTRO". O principal obxectivo deste proxecto é desenvolver materiais intelixentes, que son utilizados nunha gran cantidade de industrias como a automotriz, a aeroespacial e a de transportes.
Realízase en conxunto con outros países como Reino Unido, Portugal, Italia, Francia e Suecia, e espera concretarse na sede de Acciona, un dos impulsores do primeiro puente impreso en 3D de Madrid.




  • ¿Qué son os materiais intelixentes?
Os materiais intelixentes que se están desenvolvendo permitirán cás empresas poidan controlar a deformación do material que precisen, calentar ou desconxelar superficies dependiendo das necesidades dos seus proxectos de fabricación. Estes materiais contan con propiedades de autoprotección o que aumenta a súa durabilidade e rendemento. Así, redúcense costos de mantemento e as emisións de gases son menores.

Para o desenvolvemento destes materiais utilízanse nanomateriais poliméricos como base, de hormigón e carbono, con características intelixentes basadas en tres fenómenos físicos diferentes.


A Universidade de Alicante encárgase en desenvolver a maneira en cos materiais poidan controlar a deformación e o dano das estruturas de hormigón das que forman parte. Traballan no desenvolvemento de material para calentar o asfalto, unha aplicación crucial para os transportes actuais.

Applyano Solutions pola súa parte céntrase en desenvolver nanomateriais para a producción de prototipos industriais. A compañía foi creada polos investigadores do Departamento de Química da Universidade de Alicante en 2015, e está especializada en materiais intelixentes. Ofrecen diversas solucións industriais cos seus nanomateriais que se utilizan en diversos sectores.

Estes materiais intelixentes poden ser aplicados nunha amplia gama de técnicas e aplicacións. 

Actualmente isto se encontra en fase pioneira, pero espérase que sea todo un éxito en 2021.


Alicia Pérez Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario