lunes, 4 de diciembre de 2017

Científicos crean tinta con bacterias para impresións 3D



Científicos crean tinta con bacterias para impresións 3D 





                                  




Investigadores da Escola Politécnica Federal de Zúric (Suíza) desenvolveron unha tinta con bacterias para utilizar en impresións 3D e crear estruturas bioquímicas.

Os investigadores crearon esta tinta con hidrogeles aos que se lles introducen as bacterias na proporción desexada, dependendo do propósito da impresión. 

Os científicos chamaron á tinta " flink" (tinta en inglés) que segundo eles significa "tinta viva funcional"
Este material, o " flink", diferénciase doutros utilizados de forma máis habitual en impresións 3-D como o plástico ou o metal porque son materias inerte. 

                                  




Os autores aínda non estudaron o tempo que as bacterias viven unha vez creada a estrutura, pero "asumen" que "poden sobrevivir durante moito tempo" porque estes microorganismos necesitan moi poucos recursos.

Os científicos cren que as estruturas creadas coa súa tinta poden ter usos médicos e biotecnológicos. Tamén pode servir como un detector de toxinas na auga ou como filtros en derrames de petróleo.

Carla Domínguez Costa 

No hay comentarios:

Publicar un comentario