Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar réplicas de deseños en 3D, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador, descargado da internet ou recolleito a partir dun escáner 3D. Xorden coa idea de converter arquivos de 2D en prototipos reais ou 3D. Comunmente utilizouse na prefabricación de pezas ou compoñentes, en sectores como a arquitectura e o deseño industrial. Na actualidade está a estenderse o seu uso na fabricación de todo tipo de obxectos, modelos para baleirado, pezas complicadas, alimentos, próteses médicas (xa que a impresión 3D permite adaptar cada peza fabricada ás características exactas de cada paciente, por exemplo nunha ciruxía para explicarlle ao paciente o que lle van facer e así mellorar a relación medico-paciente ), etc.

As pezas que pode facer unha impresora 3D va relacionado co tamaño da propia impresora.
Por exemplo unha pequena pode facer uns zapatos mentres que outras moito mais grandes son capaces de facer pontes coma a da imaxe.
Pablo Coello
No hay comentarios:
Publicar un comentario