Liderados polo profesor André Studart, xefe do Laboratorio de Materiais Complexos da ETH, os investigadores crearon esta tinta con hidrogeles aos que se lles introducen as bacterias na proporción desexada, dependendo do propósito da impresión.
Os científicos chamaron á tinta " flink", unha variación da palabra " ink" (tinta en inglés) que segundo eles significa "tinta viva funcional". Este material, o 'flink', diferénciase doutros utilizados de forma máis habitual en impresións 3D como o plástico ou o metal porque estes son materia inerte.
Os autores aínda non estudaron o tempo que as bacterias viven unha vez creada a estrutura, pero "asumen" que "poden sobrevivir durante moito tempo" porque estes microorganismos necesitan moi poucos recursos, explicou Patrick Rühs, un de investigadores.
Os científicos cren que as estruturas creadas coa súa tinta poden ter usos médicos e biotecnolóxicos. Tamén pode servir como un detector de toxinas na auga ou como filtros en derrames de petróleo.
Daniel Moura González
No hay comentarios:
Publicar un comentario