A enxeñería xenética é a tecnoloxía ou capacidade de engadir ou transferir o ADN dun organismo a outro ou modificar un xa existente dentro do mesmo organismo. Isto posibilítanos a corrección de defectos xenéticos e/ou a creación de novos microorganismos, desta forma, conséguese ter novas características por exemplo os cambios nas variedades de animais, para unha obtención de produtos maior, ou facer cambios en determinadas froitas , (como que as laranxas e mandarinas sexan sen sementes ).
A ciencia avanza e en humanos chegaranse a probar algún día, algún día todas estas historias, avances, e invencións faranse realidade, pero mentres seguenos quedando seguir esperando e probando, probando nos ratos, porque estes días contouse a noticia de que a ciencia avanzou máis, e agora co CRISPR- Cas9 pódense modificar ratos sen sufrir efectos secundarios nin mutacións pois en lugar de cortar a información defectuosa, silénciase. Segun os científicos, esta tecnoloxía podería usarse para activar calquera xene sen o risco de introducir mutacións, como nos ratos, que se probou a reverterlles algunha enfermidade . Tamén nun rato cunha insuficiencia renal aguda descubriuse que era posible activar xenes previamente durmidos capaces de restaurar a función normal do órgano danado. Tamén foron capaces de inducir nas células do fígado dos ratos a que se convertan en análogas das células beta pancreáticas que xeran insulina e que non funcionan nos ratos con diabetes . Mesmo se anunciou que foi posible recuperar o crecemento muscular en modelos de ratos con distrofia muscular. A investigación demostra que, en lugar de tratar de corrixir un xene mutado, tamén pode ser útil aumentar a actividade doutro xene que compense o dano do primeiro. Xa non sería como cortar unha frase mal escrita senón como escribir sobre ela unha frase coa información correcta, moito máis seguro e igual de eficaz, sen mutacións, nin efectos secundarios aínda peores.
Aida Méndez Sánchez .
No hay comentarios:
Publicar un comentario