lunes, 11 de diciembre de 2017

~Impresión 3D hoxe: Órganos humanos~ Sofía

A viscosidade - definida como a medida da resistencia dun fluído para fluír- foi fundamental para un sorprendente logro anunciado a semana pasada. Científicos en Suíza crearon unha impresora 3D capaz de usar "tinta viva". É unha mestura de varios ingredientes: unha base de hidrogel que contén azucre, a cal forma a estrutura da tinta; bacterias, que é o compoñente vivo; e un medio de cultivo para manter vivas as bacterias.
Os investigadores chamaron á súa creación " flink", abreviatura de tinta funcional viva (polas súas siglas en inglés). Mediante o uso de diferentes bacterias, as impresións con flink pódense adaptar para un uso específico. Unha bacteria, Acetobacter xylinum, secreta unha forma pura de nanocelulosa, un material estable que retén a humidade e pode usarse para tratar queimaduras. A nova plataforma de impresión foi creada por un equipo dirixido polo profesor Andre Studart, do Laboratorio de Materiais Complexos do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía en Zúric.


O concepto da impresión 3D de materia "morta", como o plástico, é o moi revolucionario. Os temores sobre o mal uso desta tecnoloxía simbolízaos unha pistola de plástico; de feito, é posible imprimir capas de plástico en forma de compoñentes dunha pistola e ensamblarlas nunha arma capaz de disparar balas. Este ano, ordenóuselles ás empresas chinesas que utilizan impresoras 3D que se rexistren ante as autoridades, como unha medida contra a delincuencia. O logro suízo sumarase á emoción sobre a bioimpresión, que é a impresión 3D de material biolóxico á medida. A pel e a cartilaxe, que xa se poden cultivar no laboratorio, poderían producirse segundo as especificacións do paciente. Algúns observadores pensan que algún día poderemos imprimir órganos como corazóns e riles para o seu transplante.
Organovo é unha compañía estadounidense que traballa co fin de lograr este obxectivo. De maneira máis inmediata, o seu obxectivo é producir facsímiles de tecido humano para probas clínicas e cosméticas. L' Oréal xa está a usar a súa tecnoloxía. As impresoras non son baratas, polo que os órganos e tecidos impresos aínda non son unha realidade económica e práctica. Pero, cando cheguen, algúns poderían sentir que reducen a vida a un proceso de fabricación. Volverémonos menos humanos e máis máquinas, pouco máis que a suma dos nosos compoñentes impresos en 3D.

No hay comentarios:

Publicar un comentario