lunes, 4 de diciembre de 2017

A MANDÍBULA DE: "SHIRLEY ANDERSON"

IMPRESIÓN 3D DUNHA MANDÍBULA

Resultado de imagen de IMPRESION 3D DE UNA MANDÍBULA

Shirley Anderson, en 1998 foi diagnosticado con cancro de lingua polo que tivo que someterse a varios tratamentos entre os que se incluía a radiación. Isto fixo que fai un par de anos estivese libre do cancro, lamentablemente o custo desa radiación foi a perda da parte inferior da súa mandíbula.
Probou con implantes experimentais pero ningún lle axudou a remplazar a súa mandíbula inferior, ata que finalmente acudiu a un médico maxilofacial, quen lle deseñou unha prótese en arxila, a cal era moi pesada e só podía usar por catro horas, por fortuna o médico non se rendeu e investigou acerca dunha nova técnica que se apoia na impresión 3D. Sen dúbida algunha, os maiores beneficios des impresoras 3D danse no campo da medicina, xa que posúe as bases e compoñentes para próteses robóticas, implantes e ata tecido humano, o que demostra que esta tecnoloxía está a madurar con moi bos resultados e aceptación por parte da comunidade médica. O caso do señor Anderson é un exemplo máis do alcance da impresión 3D, xa que o médico Travis Bellicchi da Universidade de Indiana, tivo que cambiar a tradicional prótese de arxila e experimentar con esta nova técnica, que mesmo xa é coñecida como a "Técnica Shirley" en honra ao señor Anderson.




No hay comentarios:

Publicar un comentario