Lei da uniformidade
-Tamén se lle chama Lei da uniformidade dos híbridos da primeira xeración (F1).-Establece que se se cruzan dúas razas puras ou organismos homocigóticos para un determinado carácter, os descendentes de xenotipo híbrido da primeira xeración filial serán todos iguais entre si (igual fenotipo e xenotipo) e iguais en fenotipo a un dos proxenitores.
Lei da segregación
-Establece que para que ocorra a reprodución sexual , previo á formación dos gametos cada alelo dun par, sepárase do outro membro para determinar a constitución xenética do gameto fillo.-Os alelos sepáranse antes de que se formen os gametos, na etapa de anafase I da meiosis I, é dicir, cando ocorre a separación dos cromosomas homólogos.
Lei da asociación independente
-Coñécese tamén como a Lei da herdanza independente de caracteres.
-Establece que diferentes trazos son herdados independentemente uns doutros, non existe relación entre eles e por tanto o patrón de herdanza dun trazo non afecta o patrón de herdanza doutro.
-Estes trazos transmítese seguindo as leis anteriores con independencia da presenza do outro carácter.
-Só se cumpre naqueles xenes que non están ligados ou que están en rexións moi separadas do mesmo cromosoma.
Eva Diéguez Vila
No hay comentarios:
Publicar un comentario