lunes, 4 de diciembre de 2017

MANIPULACIÓN XÉNICA, Olga

QUE É?
- A enxeñería xenética, outra forma de chamala, é capacidade de engadir un novo ADN ou modificar un existente nun organismo. Deste xeito, é posible ter novas características nas especies que naturalmente non existen. Probablemente o caso máis coñecido é o alimento transxénico, pero hai moitas máis opcións.


CREACIÓN DE VACAS QUE PRODUCEN LEITE CON INSULINA
- Os bovinos convertéronse nunha alternativa para loitar contra a diabetes grazas a un proxecto arxentino onde as vacas son capaces de producir no seu leite un precursor da insulina humana. No 2002 creáronse vacas capaces de producir a hormona do crecemento, grazas a empresa farmacéutica Bio Sidus. E así actualmente chegouse a crear leite que posúe insulina, axudando a abaratar o coste desta un 30%.



No hay comentarios:

Publicar un comentario