viernes, 1 de diciembre de 2017



XOIAS IMPRESORAS EN 3D CON PO DE OURO


Despois de doce horas de traballo e 3'5 quilos de po de ouro inxerido, a impresora 3D entrega a súa obra maestra: unha pulseira de lixereza e precisión, resultado dunha tecnoloxía aínda experimental pero qu epodería revolucionar o deseño de xoias.

                         

A xoia forma parte dun conxunto de dez pezas excepcionais, realizadas en Besançon no laboratorio de investigación de Francéclat, o comité profesional do sector da xoiería e o luxo.
Se a tecnoloxía de impresión 3D ou fabricación aditiva se utiliza amplamente na industria pesada, a súa aplicación aos pos de metais preciosos aínda está nos seus inicios.

                            

Nos derradeiros meses, o pequneo equipo estivo en disposición de ''imprimir'' a plena capacidade dez aneis e colgantes; deseño que encarna a delicadeza da xoiería.

         
       
ISABELLA CABANZÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario