As BCI ( Brain Computer Interfaces), máis coñecidas
como interface cerebro- computador tiveron enormes avances no correr dos
últimos anos e son sinxelamente incribles. Trátase dun tipo de tecnoloxía capaz
de recibir ondas cerebrais, procesalas, interpretalas e logo interactuar co
exterior, todo mediante complexos sistemas computarizados.
Esta técnica baséase principalmente na análise dos
sinais electroencefalográficas ( EEG) captadas durante algún tipo de actividade
mental coa finalidade de controlar un comportameto externo (como un movemento).
A actividade EEG inclúe unha variedade de diferentes ritmos identificados pola
súa frecuencia, localización e outros aspectos relacionados coa función
cerebral que fan que o sinal EEG sexa extremadamente complexa.
Se se conseguise aprender rapidamente a controlar
estas características, o sinal EEG podería presentar unha nova función
cerebral; podería converterse nun novo sinal de saída que permitise transmitir
os desexos dunha persoa a un compoñente externo.
Na actualidade, a maioría dos grupos de investigación
centran os seus esforzos no procesado do sinal e na clasificación de patróns
EEG. Con todo, todos coinciden na importancia de investigar sobre o
desenvolvemento de técnicas de adestramento baseadas en técnicas que permitan a
un suxeito xerar de forma fiable un mesmo patrón.
Actualmente, o grupo de investigación DIANA da
Universidade de Málaga traballa na procura de técnicas que permitan obter un
adecuado e eficaz protocolo de adestramento que diminúa o tempo necesario para
que un suxeito obteña certo control sobre os seus sinais EEG.
Algúns modernos BCI veñen desenvolvendo coa finalidade
de restaurar a mobilidade de pacientes que sufriron lesións graves, por exemplo
lesións na medula espinal, apoplejía, ou como resultado de enfermidades
cerebrais. Máis detalles no vídeo:
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario