martes, 12 de diciembre de 2017

Manipulación xenética David CP


Os animais transxénicos son actualmente un dos avances máis notables na enxeñería xenética. A manipulación cada vez máis frecuente e con éxito é debido a un longo período de descubrimentos na área da xenética, durante o cal se estaban aplicando técnicas sucesivamente máis eficaces.
-Ventaxes:
⇒Unha maior efectividade no ámbito gandeiro, puidendo clonar animais que desen máis carne ,leite... do normal.

⇒Conservación de especies en perigo de extinción mediante o almacenamento de seme conxelado e embrións, este proceso é moi complexo e non se garantice a superviviencia da especie.

⇒Clonación de animais instintos, hoxe en día esto inda non foi posible pero levase avanzado moito nos últimos anos.

⇒Modificación de animales para que nazan con órganos de persoas e podelos transprantar a persoas necesitadas.

⇒Produción de medicamentos (insulina, hormona do crecemento e de factor de coagulación), que pode obterse a partir de vacas, cabras e ovellas.

-Desventaxas:
⇒As reaccións alérxicas causadas polo consumo de carne, leite e ovos ou calquera outro alimento derivado dos organismos xeneticamente modificados.

⇒Redución da biodiversidade a través da implantación de técnicas de mellora e seleción de animias.

David CP




Impresión 3D con bacterias

Investigadores da Escola Politécnica Federal de Zúric, en Suíza, desenvolveron unha tinta con bacterias para utilizar en impresións 3D e crear estruturas bioquímicas, segundo un estudo publicado pola revista estadounidense Science Advances.
Liderados polo profesor André Studart, xefe do Laboratorio de Materiais Complexos da ETH, os investigadores crearon esta tinta con hidrogeles aos que se lles introducen as bacterias na proporción desexada, dependendo do propósito da impresión.
Os científicos chamaron á tinta " flink", unha variación da palabra " ink" (tinta en inglés) que segundo eles significa "tinta viva funcional". Este material, o 'flink', diferénciase doutros utilizados de forma máis habitual en impresións 3D como o plástico ou o metal porque estes son materia inerte.
Os autores aínda non estudaron o tempo que as bacterias viven unha vez creada a estrutura, pero "asumen" que "poden sobrevivir durante moito tempo" porque estes microorganismos necesitan moi poucos recursos, explicou Patrick Rühs, un de investigadores.
Os científicos cren que as estruturas creadas coa súa tinta poden ter usos médicos e biotecnolóxicos. Tamén pode servir como un detector de toxinas na auga ou como filtros en derrames de petróleo.

Resultado de imagen de tinta de bacterias

Daniel Moura González

Manipulación xénica reformada

A enxeñería xenética é a tecnoloxía ou capacidade de engadir ou transferir o ADN dun organismo a outro ou modificar un xa existente dentro do mesmo organismo. Isto posibilítanos a corrección de defectos xenéticos e/ou a creación de novos microorganismos, desta forma, conséguese ter novas características por exemplo os cambios nas variedades de animais, para unha obtención de produtos maior, ou facer cambios en determinadas froitas , (como que as laranxas e mandarinas sexan sen sementes ).

A un paso de la cura de la diabetes y la distrofia muscular mediante la manipulación genética


A ciencia avanza e en humanos chegaranse a probar algún día, algún día todas estas historias, avances, e invencións faranse realidade, pero mentres seguenos quedando seguir esperando e probando, probando nos ratos, porque estes días contouse a noticia de que a ciencia avanzou máis, e agora co CRISPR- Cas9 pódense modificar ratos sen sufrir efectos secundarios nin mutacións pois en lugar de cortar a información defectuosa, silénciase. Segun os científicos, esta tecnoloxía podería usarse para activar calquera xene sen o risco de introducir mutacións, como nos ratos, que se probou a reverterlles algunha enfermidade . Tamén nun rato cunha insuficiencia renal aguda descubriuse que era posible activar xenes previamente durmidos capaces de restaurar a función normal do órgano danado. Tamén foron capaces de inducir nas células do fígado dos ratos a que se convertan en análogas das células beta pancreáticas que xeran insulina e que non funcionan nos ratos con diabetes . Mesmo se anunciou que foi posible recuperar o crecemento muscular en modelos de ratos con distrofia muscular. A investigación demostra que, en lugar de tratar de corrixir un xene mutado, tamén pode ser útil aumentar a actividade doutro xene que compense o dano do primeiro. Xa non sería como cortar unha frase mal escrita senón como escribir sobre ela unha frase coa información correcta, moito máis seguro e igual de eficaz, sen mutacións, nin efectos secundarios aínda peores.






Aida Méndez Sánchez .

lunes, 11 de diciembre de 2017

Manipulación Xenética. Álex Mendes

A manipulación xenética en humanos . Unha mellora da nosa vida que entraña riscos

  • Por moito que a primeira acepción de manipular signifique que facemos algo coas mans, téndese a sospeitar de intencións escuras, ilegais ou pouco éticas. Termos como transxénico, mutante ou clon foron tamén apropiados por titulares sensacionalistas e ata por películas de terror, o que non favorece que se comprenda do todo en que consisten.
É obvio que, como calquera tecnoloxía, a manipulación xenética non carece de perigos. Pero o certo é que as modificacións xenéticas practicadas nun bo número de especies –humanos incluídos– están case sempre pensadas para mellorar a nosa calidade de vida minimizando riscos: combátense enfermidades, conséguense alimentos ou produtos necesarios ou se mellora o coñecemento científico.

As modificacións xenéticas practicadas nun bo número de especies –humanos incluídos– están case sempre pensadas para mellorar a nosa calidade de vida .


  • No ano 1972, lográbanse as primeiras moléculas do chamado ADN recombinante: fragmentos que se cortaron, ligado a outros diferentes e introducido nunha bacteria que adquiriu unha propiedade xenética da que carecía. De inmediato asumiuse que un día faríase posible corrixir enfermidades engadindo ao xenoma dun paciente a versión funcional dun determinado xene. Non era unha ficción: as dúas décadas seguintes asistiron a unha verdadeira explosión da enxeñería xenética coa transformación un bo número de especies. Nos anos 90 ía lograr a primeira terapia xénica con éxito. 
A primeira terapia xénica –un fito na historia da ciencia– levou a cabo nunha nena cuxo sistema inmunitario non funcionaba pola falta dun único xene. Vivía encerrada nunha burbulla de esterilidade porque calquera microorganismo, inocuo para nós, infectaríaa con consecuencias fatais. En poucas palabras, extraéronse células da súa medula ósea, modificáronse co xene funcional e devolvéronse á súa dona, de modo que se substituísen as defectuosas. Desde entón ata hoxe vive como calquera persoa na súa casa e ao aire libre.
Hoxe estamos aínda lonxe de que a terapia xénica sexa unha opción de rutina, pero aumentan as súas posibilidades, en especial fronte a enfermidades para as que ata agora pouco podíase facer .

Impresión 3D: Materiais intelixentes.

Materiais intelixentes.

En España o Departamento de Inxenería da Universidade de Alicante e a empresa Applynano Solutions conseguiu desenvolver materias intelixentes para a impresión 3D.

UA-Aulario2.jpg
Universidade de Alicante
article_3dbridge1
Ponte impresa en 3D de Madrid
O nome de este proxecto en español é "MAESTRO". O principal obxectivo deste proxecto é desenvolver materiais intelixentes, que son utilizados nunha gran cantidade de industrias como a automotriz, a aeroespacial e a de transportes.
Realízase en conxunto con outros países como Reino Unido, Portugal, Italia, Francia e Suecia, e espera concretarse na sede de Acciona, un dos impulsores do primeiro puente impreso en 3D de Madrid.




  • ¿Qué son os materiais intelixentes?
Os materiais intelixentes que se están desenvolvendo permitirán cás empresas poidan controlar a deformación do material que precisen, calentar ou desconxelar superficies dependiendo das necesidades dos seus proxectos de fabricación. Estes materiais contan con propiedades de autoprotección o que aumenta a súa durabilidade e rendemento. Así, redúcense costos de mantemento e as emisións de gases son menores.

Para o desenvolvemento destes materiais utilízanse nanomateriais poliméricos como base, de hormigón e carbono, con características intelixentes basadas en tres fenómenos físicos diferentes.


A Universidade de Alicante encárgase en desenvolver a maneira en cos materiais poidan controlar a deformación e o dano das estruturas de hormigón das que forman parte. Traballan no desenvolvemento de material para calentar o asfalto, unha aplicación crucial para os transportes actuais.

Applyano Solutions pola súa parte céntrase en desenvolver nanomateriais para a producción de prototipos industriais. A compañía foi creada polos investigadores do Departamento de Química da Universidade de Alicante en 2015, e está especializada en materiais intelixentes. Ofrecen diversas solucións industriais cos seus nanomateriais que se utilizan en diversos sectores.

Estes materiais intelixentes poden ser aplicados nunha amplia gama de técnicas e aplicacións. 

Actualmente isto se encontra en fase pioneira, pero espérase que sea todo un éxito en 2021.


Alicia Pérez Rivas

~Impresión 3D hoxe: Órganos humanos~ Sofía

A viscosidade - definida como a medida da resistencia dun fluído para fluír- foi fundamental para un sorprendente logro anunciado a semana pasada. Científicos en Suíza crearon unha impresora 3D capaz de usar "tinta viva". É unha mestura de varios ingredientes: unha base de hidrogel que contén azucre, a cal forma a estrutura da tinta; bacterias, que é o compoñente vivo; e un medio de cultivo para manter vivas as bacterias.
Os investigadores chamaron á súa creación " flink", abreviatura de tinta funcional viva (polas súas siglas en inglés). Mediante o uso de diferentes bacterias, as impresións con flink pódense adaptar para un uso específico. Unha bacteria, Acetobacter xylinum, secreta unha forma pura de nanocelulosa, un material estable que retén a humidade e pode usarse para tratar queimaduras. A nova plataforma de impresión foi creada por un equipo dirixido polo profesor Andre Studart, do Laboratorio de Materiais Complexos do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía en Zúric.


O concepto da impresión 3D de materia "morta", como o plástico, é o moi revolucionario. Os temores sobre o mal uso desta tecnoloxía simbolízaos unha pistola de plástico; de feito, é posible imprimir capas de plástico en forma de compoñentes dunha pistola e ensamblarlas nunha arma capaz de disparar balas. Este ano, ordenóuselles ás empresas chinesas que utilizan impresoras 3D que se rexistren ante as autoridades, como unha medida contra a delincuencia. O logro suízo sumarase á emoción sobre a bioimpresión, que é a impresión 3D de material biolóxico á medida. A pel e a cartilaxe, que xa se poden cultivar no laboratorio, poderían producirse segundo as especificacións do paciente. Algúns observadores pensan que algún día poderemos imprimir órganos como corazóns e riles para o seu transplante.
Organovo é unha compañía estadounidense que traballa co fin de lograr este obxectivo. De maneira máis inmediata, o seu obxectivo é producir facsímiles de tecido humano para probas clínicas e cosméticas. L' Oréal xa está a usar a súa tecnoloxía. As impresoras non son baratas, polo que os órganos e tecidos impresos aínda non son unha realidade económica e práctica. Pero, cando cheguen, algúns poderían sentir que reducen a vida a un proceso de fabricación. Volverémonos menos humanos e máis máquinas, pouco máis que a suma dos nosos compoñentes impresos en 3D.

martes, 5 de diciembre de 2017

Socratic: "Aplicación do ano".



Aplicación móvil do ano.


Como todos os anos Google fai un repaso das apps, videoxogos, cancións e películas máis exitosas que pasaron pola súa tenda, Google Play; e inclueas nun lista, neste caso en:  "Best of 2017".

Según Google a aplicación do ano e: "Socratic - Math Answers & Homework Help".


  • Que é e como funciona?

É unha aplicación destinada a axudar coas tareas escolares, e grazas ao seu diseño intelixente e atractivo pode axudar aos máis pequenos cos seus deberes.

Resultado de imagen de Socratic

É compatible con todas as materias, incluíndo matemáticas (álxebra, cálculo, estadística...), ciencias, bioloxía, química, historia, inglés, economía...

Para usala simplemente tes que fotografiar a pregunta, o problema de mates... e esta, grazas a intelixencia artificial de Socratic, detectará as distintas partes que compoñen a cuestión ou o exercicio e consultará a súa base de datos para ofrecerte unha resposta con explicacións, gráficos, vídeos e axuda paso a paso.

Por otro lado, os que fixeron esta app aseguran que se pode convertir no teu mellor amigo, xa que sempre estará listo cando o necesites; por iso esta app tamén é apodada "o teu novo mellor amigo".

A parte, mediante esta aplicación, podes contactar cos teus compañeiros de clase.

 Socratic - Ayuda con Matemáticas y Tareas: miniatura de captura de pantalla   Socratic - Ayuda con Matemáticas y Tareas: miniatura de captura de pantalla   Socratic - Ayuda con Matemáticas y Tareas: miniatura de captura de pantalla
  Socratic - Ayuda con Matemáticas y Tareas: captura de pantalla   Socratic - Ayuda con Matemáticas y Tareas: captura de pantalla



















Alicia Pérez Rivas


TOMATES MORADOS



MANIPULACIÓN XENÉTICA DOS TOMATES



Tomates morados más saludables



1. INTRODUCCIÓN

Tras lograr secuenciar o xenoma do tomate, científicos do Centro John Innes en Norfolk, desenvolveron un tomate xeneticamente modificado con mellor sabor, unha maior cantidade de antioxidantes e que pode permanecer almacenado o dobre de tempo que un tomate normal, adquirindo unha rechamante cor morada. O obxectivo do principal do proxecto era producir froitas con altos niveis de antioxidantes que poden beneficiar a saúde, xa que se demostrara que axudaban a estender a vida daqueles seres propensos ao cancro nun 30%, pero o froito modificado ademais trouxo consigo outras calidades facéndoo máis resistente e con mellor sabor.
2. PROCESO
-Introducíronse dous xenes da planta coñecida como boca de dragón ou "snapdragon", que activan a outros xenes que permañecían durmidos no tomate, provocando un aumento na produción de antocianinas, pero inda así o seu rol máis importante é o de antioxidante, xa que son coñecidos polas súas propiedades de antienvexecemento e anticanceríxenas.

3.CONCLUSIÓN

-A vida útil destes tomates é de aproximadamente 48 días en comparación coas 3 semanas do tomate convencional
-Menos propensos do mofo despois da colleita, permitindo que o tomate se desenvolva por moito máis tempo na planta, gañando cheiro e sabor, pero conservando a súa resistencia para o transporte.









Eva  Diéguez  Vila

O ‘neno bolboreta’ que rexenerou o 80% da súa pel grazas a células nai transxénicas


En xuño de 2015, un neno de sete anos, próximo á morte, foi admitido á unidade de queimados do hospital universitario de Ruhr, en Bochum, Alemaña. Perdera a capa superior da pel no 60% do seu corpo, e os médicos xa barallaban tratamentos paliativos. Non era unha queimadura: sufría unha condición xenética rara chamada epidermólisis ampollosa que resulta nunha pel extremadamente sensible. Ás veces chámase pel de bolboreta, porque o tecido sofre úlceras e pode desprenderse ao menor contacto. A súa situación empeorara repentinamente ao adquirir unha infección pola superficie descuberta. Pero viviu.

Os cirurxiáns cubriron o 80% do corpo do neno co seu epidermis nova, en varias operacións ao longo duns meses. “Hoxe xoga ao fútbol, e cando cae as súas feridas péchanse ao cabo de dúas semanas, como un neno normal”, di Tobias Rothoeft, o seu médico en Alemaña. Non é pel perfecta, xa que non presentará unha distribución normal de lanuxe e probablemente careza de glándulas sudoríparas, sinala José Luis Jorcano, un investigador alleo a este estudo da Unidade Mixta de Enxeñería Biomédica. Con todo, os autores afirman que a pel si é elástica, non produce picores e non necesita crema, o cal é un logro importante para calquera transplante dérmico.“Non había un tratamento alternativo para este neno”, asegura De Luca. Segundo os médicos, os pais aceptaron a terapia experimental porque o seu fillo “estaba en perigo de morte”. Así que lle tomaron a biopsia: catro centímetros cadrados de pel da íngua, unha das poucas zonas onde non presentaba feridas. A mostra foi enviada a Módena, onde o equipo de De Luca aplicou o tratamento retroviral e, durante o mes seguinte, cultivou o tecido ata obter case un metro cadrado de pel sa. Como medida de precaución, os científicos secuenciaron o xenoma completo para asegurarse de que o xene viral non se inseriu en rexións de ADN asociadas ao cancro de pel.


David Pérez Rodríguez 4ºA

Manipulación Xenética Pablo Coello

Imagen relacionada
MANIPULACIÓN XENÉTICA

Resultado de imagen de Academia de Ciencias de Estados UnidosA inxeñiería xenética é a tecnoloxía do control e transferencia do ADN dun organismo a outro, O que posibilita a corrección dos defectos xenéticos e a creación de novos microorganismos, variedades de plantas e razas de animais para unha obtención máis eficiente dos seus produtos por exemplo; outro uso moi importante é a terápia xenética a cal consiste en substituír ou engadir, segundo o caso, unha copia normal da rexión defectuosa do ADN para poder solucionar e restablecer a función alterada, evitando o desenvolvemento de enfermidades de orixe xenética,​ por exemplo a facultade defensiva ante as enfermidades infecciosas. As enfermidades coas que se empezou a traballar son, entre outras, a deficiencia da encima ADA, coñecida como a da nenos burbulla e a DMD ou distrofía muscular de Duchenne.
*A inxeñería xenética inclúe un conxunto de técnicas biotecnolóxicas, entre elas destacan: dúas -Amplificación do ADN 3​ -A secuenciación do ADN. -A reacción en cadea da polimerasa ( PCR).
-Plasmocitosis
-Clonación molecular -Mutación excepcional
-Transxeneses -Bloqueo xénico



Un influente comité de expertos da Academia de Ciencias de Estados Unidos apoia a modificación do ADN de embrións humanos para eliminar enfermidades e malformacións hereditarias graves, relanzando un debate ético sobre este controversial tema. As autoridades británicas xa abriron esta vía ao autorizar en febreiro de 2016 a manipulación de embrións con fins de investigar sobre o tratamento dun conxunto de patoloxías. Pero esa decisión e as novas recomendacións do comité da Academia estadounidense preocupan a un sector dos científicos, quen teme que as técnicas de modificación xenética sexan utilizadas un día para aumentar a intelixencia ou crear persoas con características físicas específicas

Pablo Coello

lunes, 4 de diciembre de 2017

A manipulación xenética non carece de perigos





A manipulación xenética non carece de perigos
 

Resultado de imagen de La manipulación genética en humanos .As modificacións xenéticas practicadas nun bo número de especies humanos incluídos están case sempre pensadas para mellorar a nosa calidade de vida .
No ano 1972, lográbanse as primeiras moléculas do chamado ADN recombinante: fragmentos que se cortaron, ligado a outros diferentes e introducido nunha bacteria que adquiriu unha propiedade xenética da que carecía. 
De inmediato asumiuse que un día faríase posible corrixir enfermidades engadindo ao xenoma dun paciente a versión funcional dun determinado xene.
 A primeira terapia génica un fito na historia da ciencia levou a cabo nunha nena cuxo sistema inmunitario non funcionaba pola falta dun único xene. 
Vivía encerrada nunha burbulla de esterilidade porque calquera microorganismo, inocuo para nós, infectaría con consecuencias fatais.  
Extraéronse células da súa medula ósea, modificáronse co xene funcional e devolvéronse á súa dona, de modo que se substituísen as defectuosas. Desde entón ata hoxe vive como calquera persoa na súa casa e ao aire libre.


Carla Domínguez Costa 


INTRODUCIÓN DUN XEN COMO PRÓXIMA CURA DO SÍNDROME DE DOWN: A investigación probaría que poden correxir os desórdenes xénicos en células vivas.

A inrtrodución dentro do xenoma humano dun único xen, chamado XIST, podería correxir a trisomía do cromosoma 21, a anomalía xénica que da lugar ó Síndrome de Down. 
            

                            


Esta investigación foi levada a cabo por un equipo de científicos da Universidade de Massachusetts e supón un gran avance no desenvolvemento de terapias, baseadas en cromosomas, que corrixan este tipo de desórdenes xénicos.

Os investigadores indroduciron unha gran cantidade de xen XIST, procedente do cromosoma X dos mamíferos placentarios, dentro de células madre cultivadas in vitro dunha persoa con síndrome de Down.



                               


Segundo os resultados, esta manipulación do xenoma humano foi capaz de silenciar a terceira copia adicional do cromosoma 21, que en lugar das dúas habituais, causa o síndrome de Down.

Para isto, compararon a célula antes e despois de que o xen XIST cubrira e silenciara o cromosoma extra; descubrindo así que o xen axudaba a correxir os patróns inusuais do crecemento das células nunha persoa con esta enfermidade.

Trala comprobación, o equipo concluíu que a investigación facilita novas claves para estudar tanto os cambios celulares nestas patoloxías coma a desactivación dun cromosoma corrente.


       
Con todo, aínda que quedan largos pasos para unha aplicación clínica, segundo os científicos, esta investigación demostra que correxir os desórdenes xénicos en células vivas pode ser alcanzable.


Isa Cabanzón
MANIPULACIÓN XÉNICA

Dende o seu descubrimento, a insulina converteuse nunha das moléculas máis estudadas no sector da medicina. Esta proteína está relacionada coa diabetes, unha enfermidade que afecta a un amplo sector da poboación. 
Ao logo da historia intentouse controlar esta enfermidade, primeiro con una dieta baixa en carbohidratos e rica en proteínas e graxas, logo extraendo insulina do gando, o que provocaba moitas alerxias nos enfermos, e finalmente na actualidade extraéndoa de bacterias.
Pero o que están intentando os científicos, e facilitar a vida das persoas con esta patoloxía, evitando a inxección da insulina. Para elo, usan vacas clonadas e transxénicas. Modificando o ADN destas vacas, pódese conseguir que a leite que estas producen conteña insulina humana. Este estudo levouno a cabo un investigador arxentino, e pretende, aforrar e mellorar a vida de moitas persoas que dependan da insulina.


Inés García Nóvoa

MANIPULACIÓN XÉNICA, Olga

QUE É?
- A enxeñería xenética, outra forma de chamala, é capacidade de engadir un novo ADN ou modificar un existente nun organismo. Deste xeito, é posible ter novas características nas especies que naturalmente non existen. Probablemente o caso máis coñecido é o alimento transxénico, pero hai moitas máis opcións.


CREACIÓN DE VACAS QUE PRODUCEN LEITE CON INSULINA
- Os bovinos convertéronse nunha alternativa para loitar contra a diabetes grazas a un proxecto arxentino onde as vacas son capaces de producir no seu leite un precursor da insulina humana. No 2002 creáronse vacas capaces de producir a hormona do crecemento, grazas a empresa farmacéutica Bio Sidus. E así actualmente chegouse a crear leite que posúe insulina, axudando a abaratar o coste desta un 30%.



impresión 3d- lau




REVOLUCIÓN PROFESIONAL E

 ALTERNATIVA
LABORAL E FORMATIVA:


O panorama tecnolóxico segue crecendo a pasos axigantados e reinvéntase case a diario. A revolución tecnolóxica segue afianzándose e un dos avances que se convertirá en indispensable é o da impresión 3D.

A contribución desta tecnoloxía ao abaratamento de costes e rapidez nos procesos de construcción, fai que moitas empresas xa teñan ingresados este tipo de equipos ou estén en vías de implementalos.


A impresión 3D está cambiando o modo de vida, de producción, de desarrolo da ciencia, da tecnoloxía, das artes...


Os profesionais expertos neste ámbito teñen moitos campos que abarcar, o que significa abrir o abanico en canto a salidas laborais se refire.O sanitario ou o industrial son unhos exemplos, ademais de realizar prototipos textiles, tecnolóxicos, materiais... Incluso outras das opcións profesionais é a de dedicarse á formación sobre esta tecnoloxía, impartindo clases en talleres ou cursos.


 Resultado de imagen de impresión 3d: