Non é a primeira vez que se descubre este novo continente, xa que os investigadores neozeolandeses empezaron a indagar fai 20 anos sobre a posible existencia deste. Pero fai escasos días Zelandia conseguiu que se lle recoñecera oficialmente como uno continente, o octavo da Terra.
Este continente comezou a sumerxirse cando se separou de Australia fai 65 millóns de anos e da Antártida 100 millóns de anos antes.
Ten unha área de 4 900 000 km², é máis grande que Groenlandia ou a India e máis da metade do tamaño de Australia. É excepcionalmente longo e estreito, desde Nova Caledonia ao norte ata máis aló das illas subantárticas de Nova Zelandia polo sur. Nova Zelandia é a porción máis grande do continente sobre o nivel do mar, seguida de Nova Caledonia.
"O valor científico de clasificar Zelandia como un continente vai moito máis alá de engadir un nome a unha lista. Que un continente poida estar tan mergullado sen fracturarse fai útil explorar a cohesión e ruptura da cortiza continental" Son as palabras dun dos encargados da investigación.
Pablo Fernández Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario