Deseñan o primeiro disco ríxido atómico.
por : Álex Mendes Jr.
Científicos da Universidade Técnica de Delft en Holanda, desenvolveron un dispositivo de almacenamento onde un quilobyte está representado pola posición dun átomo de cloro. Unha memoria de datos 500 veces máis potente que a mellor das dispoñibles na actualidade.
O dispositivo de almacenamento de datos é capaz de gardar unha densidade de información de ata 500 terabits por 6.4516 centímetros cadrados.´´En teoría, esta densidade de almacenamento permitiría gardar todos os libros escritos polo home nun só selo postal´´, dixo Sander Otte, responsable da investigación.
Actualmente a sociedade moderna crea máis de mil millóns de xigabytes de novos datos, polo que cobra especial importancia o feito de que cada bit ocupe o menor espazo posible. Neste sentido, os investigadores lograron construír unha memoria de 1 quilobyte (8,000 bits) na que cada bit está representado pola posición dun só átomo de cloro.
A nova memoria está formada por unha superficie de cobre sobre a que se sitúan tantos átomos de cloro que apenas quedan ocos entre eles e só poden moverse entre dúas posicións que se interpretan como 1 ó 0. Para movelos, os científicos utilizaron un microscopio de efecto túnel. O mecanismo de funcionamento lembra eses crebacabezas nos que hai que deslizar as pezas contidas dentro dun marco para completar a figura.Por exemplo, en 1 Kb de memoria poderíase conter o texto de ´´A orixe das especies´´ de Charles Darwin, en tan só un espazo de 96 nanómetros de ancho por 126 de alto.
Con todo, aínda haberá que esperar para ver este tipo de tecnoloxía nos discos ríxidos domésticos. ``No seu formato actual, esta memoria só pode funcionar en condicións sen carga e á temperatura do nitróxeno líquido, -196 ºC, así que a almacenaxe de datos a escala atómica está aínda un pouco lonxe, pero con este logro demos un gran paso´´, agregou.
En 1959 Feynman escribiu o famosos ensaio There`s Plenty of Room at the Bottom, onde teorizó na viabilidade da computación atómica. Segundo Feynman, se unha plataforma permitise despregar átomos individuais contorna a un patrón exactamente ordenado, sería posible almacenar unha unidade de información en cada átomo.
Para a súa investigación, os científicos cubriron unha superficie de cobre con átomos de cloro, seguindo a teoría deFeynman. Utilizaron un microscopio de efecto túnel en conxunto cunha agulla que permitía manipular os átomos.
Daquela os científicos inxectaron corrente eléctrica aos átomos para movelos. Os movementos de alcance atómico permiten a gravación de nova información dentro do mini disco ríxido.
´´Poderíase comprase a un quebracabezas``, dixo Otte. ´´Cada bit consiste en dúas posicións sobre unha superficie de átomos de cobre, e un átomo de cloro que pode deslizarse cara atrás e adiante entre estas dúas posicións``.
Aínda que a investigación foi un éxito, os investigadores non cren que os discos ríxidos atómicos cheguen pronto ao mercado comercial. ´´Na súa forma actual, a memoria só pode operar en condicións sen carga moi limpas e a temperatura do nitróxeno líquido, polo que o almacenamento real de datos a escala atómica está aínda lonxe``, dixo Otte.
Ademais, os átomos poden tardar ata dous minutos en ler un simple bloque de información e a súa fabricación tardaría máis de mil veces máis que os disco duros actuais. Con todo, de momento sabemos que é posible realizar a famosa teoría que Feyman suxeriu en 1959.
Álex Mendes ......
No hay comentarios:
Publicar un comentario