Restaurar a consciencia mediante estimulación nerviosa
A estimulación do nervio vago non só pode contribuír ao tratamento dos pacientes con epilepsia ou depresión: tamén pode axudar ás persoas en estado vexetativo persistente.
Un equipo dirixido por Martina Corazzol, da Universidade Claude Bernard, logrou que un home mostre sinais de consciencia tras 15 anos en estado vexetativo persistente.
No estado vexetativo persistente, o afectado presenta funcións corporais (respiración, ritmo de soño-vixilia), pero non manifesta ningunha reacción cosciente aos estímulos da súa contorna.
Co fin de comprobar se podían mellorar o seu estado, os investigadores implantaron un estimulador do nervio vago no peito, baixo a pel do suxeito. O nervio vago é o décimo nervio cerebral e conecta o cerebro cunha serie de partes e órganos do corpo, entre eles, o intestino.
-Aumento da actividade cerebral
Despois dun mes do tratamento, o paciente mostrou melloría na actividade cerebral, a atención e a resposta conductual.
Era capaz de seguir un obxecto coa mirada e de mover a cabeza na dirección que se lle pedía. Tamén se mantiña durante máis tempo esperto se se lle lía algún texto en voz alta...
As neuroimágenes por emisión de positrones revelaron, así mesmo, que a comunicación entre diversas áreas do cerebro mellorara, achado que os investigadores interpretaron como un indicio de que, despois de estar durante máis dun decenio en estado vexetativo, o suxeito recobrara un estado de mínima consciencia.
Os autores prevén levar a cabo un estudo máis amplo cun maior número de pacientes para demostrar que a estimulación do nervio vago pode ser unha opción no tratamento das persoas en estado vexetativo. Esta técnica xa se utiliza para tratar á epilepsia e a depresión

No hay comentarios:
Publicar un comentario