Unha vacina contra a SIDA?
A vacina do Zika esperábase para 2017, posteriormente soubemos que non estaría lista para antes do 2020. Os ensaios clínicos e demais fases necesarias para o seu desenvolvemento non poden preverse con exactitude, e o mesmo cabe dicir doutra vacina non menos esperada: a da SIDA.
Se nos noventa a SIDA pasou de ser unha enfermidade letal a unha patoloxía crónica, e desde entón desenvolvéronse tratamentos antivirais cada vez máis eficaces, agora aspírase ao deseño dunha vacina.
O seu deseño non só sentaría as bases para unha cura da enfermidade, senón que tamén constituiría un paso de xigante a nivel de saúde pública, xa que a enfermidade afecta a 37 millóns de persoas en todo o mundo.
O primeiro ensaio clínico comezou en 2016 e as fases van levándose a cabo. Non sabemos se o 2018 será o ano, quizá sexa demasiado pronto, aínda que os expertos non dubidan en afirmar que o próximos cinco anos serán claves.
Novas de actualidades : Álex Mendes
No hay comentarios:
Publicar un comentario