RASGOS HERDABLES:
- Son os caracteres transmitidos dos proxenitores
aos seus descendentes (que non teñen que pasar por todas as xeracións) e
son por exemplo: a cor da pel, a cor do pelo e incluso algunhas
enfermidades como a diabetes e o daltonismo.
- O daltonismo é un trastorno que se define como
"cegueira á cor" (xeralmente ao vermello e ao verde) e dáse
cando un dos tipos de conos dos nosos ollos funcionan defectuosamente. Os
tipos de daltonismo dependen de cal dos tres tipos de células foi
afectado.
- O daltonismo é de herencia recesiva ligada
ao X ( quere dicir que o xen que provoca o trastorno está ligado ao
cromosoma X). Os xenes que codifican os pigmentos do cono verde e
vermello atópanse nese cromosoma que está presente dúas veces nas mulleres
(XX) e unha nos varóns (XY); a mutación neste cromosoma pode facer que non
se formen os conos para esas cores.
Que o caracter deste xen sexa recesivo
quere dicir que unha muller necesita ter os seus dous cromosomas X mutantes
para presentar o trastorno, mentres que un home ao ter só un cromosoma X será
daltónico sempre que este sexa mutante (de aí a diferenza entre a porcentaxe de
homes e mulleres daltónicos polo que se di que é unha enfermidade
ligada ao sexo).
Segundo este dato un daltónico non terá
fillos que presenten a enfermidade sempre que a súa muller non porte o xen
mutante pero, todas as súas fillas portarán o xen sen presentar a enfermidade e
a metade dos seus fillos varóns si que padecerán a anomalía.
- A porcentaxe de persoas daltónicas é de un 1% de
mulleres e un 8% nos homes.
O método máis sinxelo para diagnosticalo
consiste nunhas láminas con puntos de cores primarios dispostos sobre manchas
de cores similares, agrupados de modo que unha persoa normal pode distinguir
neles números e formas coñecidas.
- As personas que sufran daltonismo serán incapaces
de recoñecer estas figuras ou verán outras distintas. Este método é o
das láminas de manchas de Stilling e Ishihara.
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario