lunes, 16 de octubre de 2017

La gallega que triunfa en la NASA

BEGOÑA VILA  

As mulleres estiveron e seguen estando pouco recoñecidas no mundo da ciencia, deixando un pouco de lado a importancia do que fagan ou inventen. Sempre que se fala de ciencia adóitanos vir á mente EEUU, Alemaña ou os países nórdicos, e case sempre en nomes de homes. Poucas veces nomeamos o territorio nacional, e menos ás mulleres do mesmo, pero neste artigo falásese dunha muller, unha muller española, que resulta ser galega.

Begoña Vila así se chama,a recoñecida fóra do noso país, muller que namorou á mismisima NASA. Naceu en Vigo en 1963, estudou na Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Astrofísica de Canarias, máis tarde foise ha facer o doutoramento de astrofísica ao Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Manchester. Aos seus 53 anos recibiu a medalla ao Logro Público Excepcional, e por que, pois pola súa dedicación ao telescopio James Weeb. Xa que ao acabar todos os seus estudos terminou en Canadá. Foi alí, desde unha empresa privada, onde comezou a implicarse no xigantesco telescopio que cambiará a forma de mirar o espazo. A colaboración coa empresa canadense durou seis anos, e en 2012 Vila recibiu unha chamada da axencia pedíndolle que traballase directamente con eles. Vila lidera un equipo composto por unhas 1.000 persoas e manexa un orzamento de 9.500 millóns de euros, todo para construír o telecopio máis grande do mundo o cal Observa na lonxitude de ondas do infravermello que lle permite mirar máis cara atrás no espazo, ás primeiras estrelas e galaxias que se formaron despois do Big Bang e ver como evolucionaron ata converterse nas que vemos na actualidade,
tamén poderá ver a través das nubes de po onde se forman as estrelas e planetas e poderá observar a composición das súas atmosferas, buscando en particular planetas como a Terra e con sinais de 'vida', é dicir detectar a presenza de auga, neses planetas noutros sistemas solares.En xeral dicimos que o James Webb vai darnos información de como chegamos onde estamos e se estamos sós.

Imagen relacionada       Aida Méndez Sánchez .

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario