Un equipo internacional de astrónomos consegue ver por primeira vez unha zona oculta polo centro galáctico que non se podía ver directamente.
Os esforzos realizados ata agora para observar a cara oculta da nosa galaxia víronse obstaculizados non solamente pola distancia que nos separa, senón que tamén pola densidade que bloquea á luz procedente desta rexión e non nos permite ver o que hai ao outro lado.
Este descubrimento proporciona unha moi valiosa información acerca da Vía Láctea e aínda que os astrónomos poidan estudar millóns de galaxias, resúltalles moito máis complicado determinar de que tipo é a nosa xa que dende o seu interior é moito máis complicado observala no seu conxunto [sería como intentar determinar a forma dun edificio asomándose dende unha das fiestras].
(Este é o denso centro da galaxia que nos impide ver que hai ao outro lado)
Agora sen embargo, Alberto Sanna conseguiu xunto co seu equipo de astrónomos rastrear os movementos de partículas de metano e auga relaccionadas con rexións de formación estelar xusto ao lado da nosa galaxia e, con estos datos foron capaces de Localizar a cara oculta de Scutus Centaurus , un dos brazos espirales da Vía Láctea e estudalo por primeira vez en toda a súa extensión.
Para lograr os datos da investigación os científicos empregaron técticas de interferometría por radio ademáis de desenrrolar un novo método para determinar as distancias entre obxectos.
O seguinte gran paso será desenrrolar novas técticas para conseguir un mapa completo da nosa galaxia.
Lucía González Dapía
No hay comentarios:
Publicar un comentario