lunes, 2 de octubre de 2017

Monitores samsung


O Monitor máis grande do mundo :


Monitor, definición : pantalla que mostra o que fai o computador, ben iso sabémolo todos, algo simple que a primeira vista parece fácil. A maioría de nós  coñecemos os monitores de sempre e para o de sempre, o típico LG, acer, lenovo ou samsung, que cada un ten na súa casa, mesa de traballo ou mesmo na aula de informática do colexio, pero, hai unha minoría, ( que cada vez está a crecer máis ) que non usa uns xa de por se monitores convencionais, e son os denominados " gamers ", xente que se dedica a xogar e para iso piden monitores de alta gama, que lles permitan vivir o xogo, e para iso Samsung creou o monitor curvo QLED , mais grande do mundo, trátase do Samsung CHG90,  ante eles terán unha pantallas de 49 polgadas  cunha resolución de 3840x1080p, para que se fagan unha idea é o equivalente para colocar dous monitores de 27 polgadas e cociente de 16:9. Imos que é un monitor de 32:9 cunha estrutura curva de 1800 R para ter un campo de visión máis amplo e maior investimento no xogo.Inclúe tecnoloxía de Alto Rango Dinámico (HDR) e tecnoloxía QLED. Con todo, e para ,maior ilusión dos " gamers "se anteriormente o tempo de resposta normal dun monitor oscilaba entre uns 4 milisegundos, Samsung o baixa a 1 milisegundo, a demais a súa velocidade de refresco alcanza os 144 Hz e poderase axustar entre os 60 e 120 fps para garantir a mellor calidade e fluidez de imaxe. O novo monitor presentar na conferencia do IFA 2017, e xa está dispoñible en Estados Unidos e Europa por uns 1.500 euros.



Aida Méndez Sánchez 

No hay comentarios:

Publicar un comentario