lunes, 9 de octubre de 2017

~Premio Nobel: Mulleres na ciencia~ Sofía

Este 2017, súmase a outro ano no que as mulleres non conseguiron un Premio Nobel. Sin embargo, non é por falta de delas, como a investigadora Arlene Sharpe a cal neste ano, recibiu o Premio da Fundación Warren Alpert con Gordon Freeman, Lieping Chen, James P. Allison e Tasuku Honjo polas súas contribucións colectivas á fundación preclínica e o desenvolvemento do bloqueo de control inmune, unha nova forma de terapia do cancro que transformou o panorama do tratamento do cancro, ou Emmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna, quenes deron co CRISPR.

Por categorías, o número de homes dispárase en Física, con 2 mulleres e 205 homes gañadores (máis do 99%). As cifras tamén renxen en Química: 4 mulleres e 174 homes (case o 98%). E en Medicina, con 12 científicas fronte a 202 científicos (máis do 94%) en toda a historia do Nobel.

Agora, falaremos de a ultima muller que gañou un premio nobel relacionado ca ciencia, esta vez, ca medicina:

Tu YouYou

Tu YouYou, é unha ciéntifica, médica e química farmacéutica china coñecida por descubrir a artemisinina (tamén coñecida como dihidroartemisinina), utilizada para tratar a malaria, coa cal salvou millóns de vidas.

O punto de partida da súa investigación estivo baseado na exploración de textos sobre medicina chinesa tradicional. O descubrimento da artemisinina e o seu tratamento da malaria está considerado como o descubrimento máis significativo de medicina tropical no século XX para a mellora da saúde para persoas de países en desenvolvemento tropicais en Asia do sur, África, e América do Sur.

Grazas a este descubrimento, foi premiada con Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, aunque foi un premio compartido, xa que compartiuno con Satoshi Omura e William Campbell por descubrir un novo composto, a avermectina, capaz de curar infeccións como a oncocercosis e a filariasis linfática causadas por pequenos parasitos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario