O laboratorio de María José Alonso (catedrática de
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC) é pioneiro no campo da
nanotectoloxía (de farmacia) e é un dos máis prestixiosos a nivel
internacional.
A calidade dos seus numerosos traballos (235
publicacións científicas con máis de 1200 cifras e 19 patentes
desenrroladas) foron os que lle permitiron acadar o noveno posto nun
ranking internacional ademais do prestixio de "College of Fellows"
do American Institute for Medical and Biological Engineering ademais de
que dirixiu 25 proxectos, entre eles varios europeos financiados por
institucións internacionais como a OMS e a Bill
& Melinda Gates Foundation.
Este recoñecemento unido a varios de institucións americanas
incluíndo a Academia Nacional de Mediciña poñen en relevo o gran traballo do
equipo dirixido pola profesora Alonso.
A elección desta Academia americana é considerada unha das
máis altas honras nos campos de saúde/ mediciña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario