Os datos do OCO-2 (Observatorio Orbital de Carbono 2) o novo satélite da NASA atopou outra cousa pola cal culpar ao fenómeno meteorolóxico O Neno: un recente aumento récord do dióxido de carbono no aire. Así é, o enorme tamaño do Neno fai un par de anos causou un aumento de 3,000 millóns de toneladas de carbono na atmosfera terrestre, a maioría das cales proviñan de áreas terrestres tropicais o as que este fenómeno actuou con maior intensidade .O Neno fíxolle máis difícil ás plantas a absorción das emisións de carbono causadas polo home ( parte pola cal seguimos tendo gran parte da culpa ) e provocou incendios que liberaron máis carbono do que xa hai á atmosfera. O efecto foi tan grande que foi o factor principal no maior aumento anual nos niveis do gas segundo os rexistros dos científicos da NASA. Desde hai moito tempo os científicos saben que os niveis de dióxido de carbono dispáranse durante a presenza do Neno, que é o quecemento ocasional e natural de partes do Pacífico central, o cal causa secas nalgúns lugares, inundacións noutros e que xeralmente eleva as temperaturas en todo o mundo. ante todo hai que dicir que este aumento de CO2 sigue sendo eclipsado polos 10,000 millóns de toneladas anuais que se producen pola queima de carbón, petróleo e gas en todo o mundo e por culpa da especie humana.
Aida Méndez Sánchez
No hay comentarios:
Publicar un comentario