Daniel Moura González
lunes, 9 de octubre de 2017
Unha científica brillante
Arlene Sharpe traballa como catedrática de Patoloxía Comparada e directora do Departamento de Inmunoloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Harvard. A investigadora norteamericana foi considerada como posible candidata ó Nobel de Fisioloxía ou Medicina, aínda que os nomeamentos non se fan públicos ata pasados cincuenta anos. A razón? Sharpe realizou importantes avances en inmunoterapia, unha nova xeración de tratamentos que poderían substituír e complementar á quimioterapia na futura loita contra o cancro. En particular, a científica descubriu o papel que xoga o PD-1, unha proteína que se atopa nalgunhas células do sistema inmunolóxico para regular algunhas das respostas defensivas do organismo. O seu traballo, xunto co do investigador Gordon Freeman, promoveu o desenvolvemento de novas terapias oncolóxicas como o pembrolizumab e o nivolumab. Estes fármacos actúan bloqueando precisamente o PD-1, de forma que se liberan os ''freos'' do sistema inmune e increméntase a súa capacidade para destruír as células canceríxenas.
Daniel Moura González
Daniel Moura González
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario