viernes, 6 de octubre de 2017

Disco duro atómico


Un grupo de científicos en Holanda desenvolveron un dispositivo de almacenamento de datos capaz de gardar unha densidade de información de ata 500Tb  nunha superficie de apenas 6 centímetros cadrados, "En teoría, esta densidade de almacenamento permitiría gardar todos os libros escritos polo home nun só selo de correos", explica a investigadora Sander Otte, do Instituto de Nanociencia Kavli, na universidade holandesa de Delft. A experta lembra que, cada día, a sociedade moderna crea máis de mil millóns de xigabytes de novos datos, polo que cobra especial importancia o feito de que cada bit ocupe o menor espazo posible. Neste sentido, os investigadores lograron construír unha memoria de 1 quilobyte (8,000 bits) na que cada bit está representado pola posición dun só átomo de cloro. Así chegaron a alcanzar unha densidade de almacenamento de 500Tb por polgada cadrada (6,4516 centímetros cadrados), é dicir, 500 veces máis potente que o mellor dos discos ríxidos de memoria actualmente dispoñibles no mercado. Aínda estamos lonxe do almacenamento de datos a escala atómica, pero demos un gran paso. Para iso, cubriron unha superficie de cobre con átomos de cloro, seguindo a teoría exposta en 1959 polo físico Richard Feynman que suxeriu que se unha plataforma permitise despregar átomos individuais entorno a un patrón exactamente ordenado, sería posible almacenar unha unidade de información en cada átomo. Os expertos do Instituto Kavli sinalan que aínda que é posible controlar a localización deses átomos, existen limitacións técnicas. En concreto, subliñan que se necesitan temperaturas rexistradas no rango do helio líquido (4 kelvin) para lograr configuracións estables, mentres que para modificar a posición dun só átomo é necesario rexenerar toda a superficie. Con esas consideracións en mente, os expertos lograron manter a posición de máis de 8.000 "vacantes de cloro" (átomos extraviados) durante máis de 40 horas a unha temperatura de 77 kelvin, foron capaces despois de almacenar diferentes textos, entre eles o mencionado de Feynman, sobre a superficie, a cal puideron modificar á súa antollo bit a bit. "Na súa actual forma, esta memoria só pode operar nunhas condicións de completo baleiro e á temperatura do nitróxeno líquido (77 kelvin, -196ºC), polo que aínda estamos lonxe do almacenamento de datos a escala atómica. Pero
demos un gran paso", destaca Otte.


Daniel Moura González




No hay comentarios:

Publicar un comentario