- I+D
O termo investigación e desenvolvemento, abreviado I+D, fai referencia, á investigación en ciencias aplicadas ou ben á ciencia básica utilizada para o desenvolvemento de enxeñería, que persegue coa unión de ambas as áreas un incremento da innovación que leve un aumento nas vendas das empresas.
Neste caso falaremos do departamento de I+D das compañías telefónicas de Apple e LG. Ambas están a unir as suas tecnoloxías co fin de crear o iPhone plegable, si plegable, aínda que non sería o primeiro do mercado pois dise que Samsung, rival máis directo da primeira compañía nomeada, estaría a traballar niso. Mentres isto non se confirme cunha saída de venda, o máis probable é que o da compañía da mazá sexa, aínda estando o outro en mercado, o máis potente e con máis garantías. Non é a primeira vez que estes grandes do mercado unen forzas pois LG xa lle fabrica a Apple as suas cámaras tan mundialmente coñecidas, sendo agora a encargada de crear e fabricar a pantalla que todo apunta será un antes e un despois na nosa vida e no mercado tecnolóxico, algo para o que haberá que esperar pois comentase que esta revolución non se fará realidade ata o 2020, mentres tanto facémonos á espera da saída do iPhone X.
No hay comentarios:
Publicar un comentario