Samsung decidiu facer oficial o seu primeiro teléfono con pantalla curvada. Trátase do Samsung Galaxy Round, como vos anticipabamos, e verá a luz inicialmente na súa casa, en Corea do Sur.
Entrando nos poucos detalles que se compartiron, a pantalla é de 5,7 polgadas, confeccionada con tecnoloxía OLED, e resolución Full HD (1920x1080 píxeles). Para conseguir a curvatura no panel, necesitouse que exista certa flexibilidade no mesmo.
Outras especificacións adiantadas son o seu grosor de 7,9 milímetros, e un peso inferior ao do Samsung Galaxy Note 3, de 154 gramos. Nese espazo coubo unha batería de 2.800mAh, menos que no Note 3 (3.200mAh), entendemos que polas súas singulares formas. É posible que neste apartado LG traballe uns pasos por diante coas súas novas tecnoloxías en baterías.
Terminando con datos importantes deste Samsung Galaxy Round, non se deixaron atrás xa que dentro temos un Qualcomm Snapdragon 800, 3GB de RAM, Android 4.3, cámara de 13 megapíxeles ou conectividade LTE-Advanced. Non parece que o deseño puxese en moitos compromisos ao hardware, exceptuando a redución de batería.
O software sacará partido da pantalla
O beneficio potencial do tipo de pantalla aínda non está claro, Samsung fala de confortable na man, e unha experiencia de uso diferente, pero todo isto non podemos máis que intuílo, e haberá que ter unha toma de contacto para sacar conclusións.
Samsung promete unha boa ración de software co que aproveitar as particularidades do teléfono.
David Pérez Rodríguez 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario